Inicio » Països Catalans

27-S: Independencia para cambialo todo

O vindeiro 27 de setembro, o pobo de Catalunya está convocado a amosar, unha vez máis, a súa vontade maioritaria de liberdade. Lonxe de ceder perante chantaxes e ameazas dos que insistiron en subestimar o seu proxecto emancipador, Catalunya constrúe poder popular e avanza nun proceso de autodeterminación nacional e social que, desde a Frente Popular Galega, saúdamos e apoiamos. Vivimos tempos... 

#SiSi Para mudalo todo

Desde a Frente Popular Galega queremos manifestar todo o noso apoio ao pobo catalán e ao seu proceso de autodeterminación cara a independencia. Todas as forzas políticas e sociais consideradas democráticas esixímoslle rotundamente  ao Estado e ao goberno español que respecten a consulta democrática convocada para este 9 de novembro en Cataluña. É a hora de posicionarse do lado da democracia... 

Desde a FPG queremos manifestar todo o noso apoio ao pobo catalán e ao seu proceso de autodeterminación. Todas as forzas políticas e sociais consideradas democráticas debemos esixirlle ao Estado e ao goberno español que respecten a consulta democrática convocada para o 9 de novembro en Cataluña. Non valen escusas nin mirar para outro lado, non é tempo de titubeos nin declaracións a medias,... 

Autodeterminación é Democracia

Coincidindo co Día Nacional de Catalunya, a Diada, reproducimos a continuación o manifesto do que somos asinantes, lanzado desde Galiza en apoio e solidariedade co proceso democrático de autodeterminación que está a se desenvolver en Catalunya. Así mesmo, chamamos á participación na concentración de hoxe á tarde na praza da Quintana para mostrar todo o noso respaldo ao pobo catalán e ao... 

A Frente Popular Galega coa independencia de Cataluña

A loita do pobo catalán pola súa liberación nacional é un movemento con fondas raiceiras históricas que principia a súa andaina moderna no século XIX, co federalismo republicano de Pi i Margall, para asumir progresivamente diferentes carautas: desde o rexionalismo de Cambó, ata o independentismo declarado de Maciá, Companys e Tarradellas durante a II República española, até incluír na...