Inicio » Movemento xuvenil

Moncho Reboiras, o futuro é noso!

Cando se cumpren 41 anos do asasinato do patriota galego Moncho Reboiras a mans da policía española, dende as expesións organizativas do comunismo independentista queremos poñer en valor a figura daquel mozo obreiro e combativo nacido en Imo, formado en Vigo e asasinado en Ferrol, como referente rebelde e exemplar para as xeracións actuais e futuras. Xusto nestes momentos nos que a mocidade... 

STOP REPRESIÓN!

Na xornada de hoxe, 7 de abril de 2014, as forzas represivas do Estado español volveron imporse, á marxe de calquera garantía democrática, sobre a mocidade consciente e traballadora do noso país. Unha vez máis, constatamos con estes feitos o contexto de ofensiva armada por parte do Estado español e de criminalización ideolóxica de toda proposta anticapitalista que estamos a padecer. A liberdade... 

Saudamos o nacemento de Xeira

Saudamos con ledicia e camaradaxe o Congreso Constituinte de XEIRA, que botou a andar esta fin de semana no barrio vigués de Teis, como ferramenta para organizar a mocidade comunista galega, cos principios sólidos do marxismo-leninismo, o feminismo e a independencia nacional. Cremos con firmeza na necesidade da autoorganización xuvenil como a base indispensábel a partir da cal traballarmos xunt@s... 

24 de outubro: Folga Xeral do ensino!

O 24 de outubro está convocada unha Folga Xeral do ensino contra a LOMCE na que participan todos os sectores educativos, desde o profesorado ao alumnado, así como pais e nais. O obxectivo común é a defensa da Educación coma un dereito básico de tod@s @s galeg@s, e polo tanto público, galego e de calidade. A educación no sistema capitalista contén unha contradición latente: por unha banda,... 

Adiante convoca manifestación o sábado 15, ás 19 horas, desde a Praza Roxa de Compostela

«O desemprego, os desafiuzamentos, a precariedade, a privatización do ensino e da sanidade, o desmantelamento dos servizos públicos, o establecemento da familia hetero-patriarcal como patrón social, o endurecemento do Código Penal, a represión, os ataques e a negación dos dereitos das mulleres, das migrantes, da clase traballadora, dos pobos… Se hai algo que está claro é que este sistema... 

Derrubar o seu sistema, construír o noso futuro

A Frente Popular Galega apoiará mañá sábado 17 a mobilización que a organización de mocidade comunista ADIANTE convoca en Compostela a partir das 18 da tarde. Co lema “Derrubar o seu sistema, construír o noso futuro”, ADIANTE chama ás mozas e mozos galegos a “procurar o xeito de empezarmos dende agora a construír con ilusión, con paciencia e sobre todo, con insistencia,... 

Solidariedade cos mozos represaliados por defenderen o galego

Dous mozos independentistas, un deles militante da mocidade comunista de ADIANTE, van ser xulgados en poucas semanas -baixo ameaza de 8 anos de prisión- por teren participado hai dous anos nunha concentración popular en repulsa a un acto galegófobo e supremacista do grupúsculo ultradereitista Galicia Bilingüe. Dúas ducias de activistas a prol do galego poden ser multados até con 60.000 € por... 
Etiquetas: , ,

Discurso da Mocidade da Frente Popular Galega

En Novembro do 2002 as nosas costas foron escenario da inoperancia das Institucions, que permitiron que un acto de terrorismo ecolóxico diezmara o noso principal recurso natural e económico. Denantes o Policomander, o Casón, o Mar Exeo… En Febreiro do 2003 os EE.UU. interveñen sen o apoio da comunidade internacional en Irak. Neste caso o precedente atopámolo na “intervención humanitaria”... 

Pola liberdade de expresión non a manipulación

Perante os últimos feitos que están a acontecer e que degradan o movemento estudiantil de Compostela, desde a Frente Popular Galega, crémonos na obriga de aclarar a nosa posición: O movemento estudiantil en contra da LOU naceu espontaneamente como un proceso asembleario cun punto de encontro: a oposición a esta lei e a defensa dun sistema educativo público galego, así como un modelo de universidade...