Inicio » Liberación nacional

O futuro do socialismo en Galiza e no mundo

A partir de mañá mércores terán lugar na cidade de Vigo as primeiras xornadas comunistas organizadas pola nosa formación xunto ao colectivo de mocidade ADIANTE. Para esta primeira edición, a temática de fondo das palestras será o futuro do socialismo, tanto a niven nacional como global. O mércores 9 de maio ás 18:30 abrirá as xornadas a secretaria de organización de ADIANTE, Laura Sousa,... 

Castelao, o río que reborda nos deltas

“Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente: La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna. Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de NINGÚN ACTO POLÍTICO. Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista. Se podrá... 

Perante a reforma neoliberal da Constitución española

Diante da reforma da Constitución española a Frente Popular Galega quere facer públicas as seguintes consideracións: 1º.- Esta reforma vén confirmar que dentro da orde constitucional española non ten cabemento nin a soberanía das diferentes nacións sen Estado nin a participación real das administracións públicas a favor das maiorías sociais. Esta é unha reforma neoliberal e centralista... 

A FPG apoia alternativa autodeterminista frente unha posíbel reforma estatutaria

O pasado sábado 18 de decembro a FPG participou no Pazo da Cultura de Pontevedra no acto convocado pola plataforma Causa Galiza no que se asinou o compromiso de diferentes organizacións e colectivos políticos, culturais, da mocidade e sindical coa autodeterminación nacional do pobo galego. Neste acto presentáronse 8 puntos básicos, baixo o nome de Acordo Democrático Nacional (ADN), como alternativa... 

A FPG perante o réxime autonómico e a proposta dun novo Estatuto

A primeira consideración é a de que necesidade temos dun novo Estatuto de Autonomía. O que nos leva a formular tamén a pregunta leninista de que facer fronte á proposta de Estatuto que fai o BNG (ou sexa, o nacionalismo con representación parlamentaria). Dentro da legalidade vixente, os estatutos de autonomía son “cartas outorgadas”, isto é: regulamentacións que afectan ao goberno... 

As razóns polo NON

Os voceiros oficiais din que esta Constitución é “o maior paso dado polos europeos cara a unha soñada unión política do continente”. Pero a onde imos é cara a unha Europa máis reaccionaria, máis neoliberal e máis inimiga dos traballadores, das mulleres e dos pobos. Esta Constitución inscríbese nun marco internacional de “guerra preventiva” decretada polas potencias contra... 

Galicia contra Maastricht

Europa na encrucillada Como resultado da necesidade de reconciliar as grandes burguesías alemana, francesa e do que logo sería o Benelux, ao termo da II Guerra Mundial empezou a abrirse camiño, coa Guerra Fría, a idea dunha unidade europea explicitamente dirixida contra unha parte de Europa: a formada pola URSS e as nacentes democracias populares. Este europeísmo contou, desde o seu inicio,... 

Non aceptamos a Europa dos mercaderes nin a súa constitución

A Europa dos mercaderes A elaboración dunha constitución para Europa forma parte de toda unha montaxe propagandística pensada para homoxeneizar política e ideoloxicamente as sociedades dos Estados integrados na Unión Europea. Trátase dun intento por dotar cunha superestrutura xurídico-política o armazón interestatal existente desde hai xa ben tempo no terreo da economía. Pero entendido máis...