Inicio » Solidariedade

1º de Maio: Día Internacional da Clase Obreira

Dicía o filósofo alemán Walter Benjamin que para a clase obreira todas as situacións son situacións de emerxencia. Logo de case quince anos de crise continuada do Capital, podemos concluír que para o caso da clase obreira galega -sometida a unha dobre explotación, de clase e nacional- o precepto de Benjamin cúmprese por partida dobre. Neste albor da terceira década do século... 

Liberdade para o Sahara

Comunicado do Comité Central da FPG sobre o recoñecemento por parte de España da soberanía Marroquí sobre o Sahara Foto: Getty Images Poucos días despois de que Pedro Sánchez lle enviase armas a Ucraína  baixo o relato de combater a invasión rusa e, no medio da maior campaña de desinformación coñecida desde a II Guerra do Golfo, o mesmo presidente do goberno... 

Nin paz entre clases, nin guerra entre os pobos

Comunicado sobre os acontecementos en Ucraína Os acontecementos en Ucraína poñen de manifesto a necesidade de ordenar as relacións internacionais superando as lóxicas da Guerra Fría. Perante a nova situación bélica, cómpre defender os intereses da clase obreira mundial no marco da solidariedade internacionalista. Porque o proletariado non pode ser carne de canón nunha guerra dirixida... 

Sobre as eleccións en Chile

Coa irrupción de Kast en plena crise política en Chile, celebramos o triunfo electoral de Apruebo Dignidad porque freou a ultradereita e porque garante liberdades políticas formais que posibilitan á clase obreira chilena continuar organizándose. Máis alá desta conxuntura electoral, entendemos que a emancipación da clase traballadora precisa de romper cos marcos do Estado e cos límites... 
Etiquetas: ,

Unidade Antiimperialista

      Nos últimos días puidemos contemplar o final dunha traizón anunciada: os peóns otanistas ianqui-otomanos usaron sectores do nacionalismo kurdo para, como moitos xa advertiran, posteriormente abandonalos e aniquilalos. Fagamos memoria: a ofensiva contra o lexítimo goberno democrático e popular de Al Asad, apoiado polas forzas obreiras e comunistas sirias, dura xa case unha década.... 

Nicaragua. A Frente Popular Galega contra a Contra.

  Un réxime somocista patriarcal, corrupto até os miolos e ben mantido polos EEUU en Nicaragua, foi derrubado en 1979 pola acción armada, política e adecuada á ética universal do Frente Sandinista de Liberación Nacional que a Cuba revolucionaria apoiaba. O sandinismo ocupou o poder coas bandeiras vermellas e pretas ondeando sobre a Patria. Acto seguido, as forzas coordinadas do departamento... 

Carta da FPG ao Partido Comunista Cubano

No pasamento do Comandante en xefe Fidel Castro, lider da Revolución cubana, dende a Frente Popular Galega, como partido internacionalista, non podemos deixar pasar a ocasión para reivindicar o legado do grande revolucionario cubano, da súa loita, do seu exemplo e dos seus logros. Sen lugar a dúbida, estamos ante unha fígura histórica dunha importancia indiscutíbel, tanto polo seu significado... 
Etiquetas: ,

Polos dereitos civís e políticos

O domingo 24 de xaneiro está convocada unha manifestación contra a ilegalización das organizacións políticas e polos dereitos civís e políticos. Desde a FPG apoiamos esta manifestación que partirá da alameda de Compostela ás 12h, e manifestamos o noso apoio e solidariedade con Causa Galiza, denunciando a persecución política desde o Estado español contra unha organización que viña a... 

#SiSi Para mudalo todo

Desde a Frente Popular Galega queremos manifestar todo o noso apoio ao pobo catalán e ao seu proceso de autodeterminación cara a independencia. Todas as forzas políticas e sociais consideradas democráticas esixímoslle rotundamente  ao Estado e ao goberno español que respecten a consulta democrática convocada para este 9 de novembro en Cataluña. É a hora de posicionarse do lado da democracia... 

Arnaldo Otegi Askatu!

Desde a Frente Popular Galega (FPG) queremos manifestar unha vez máis a nosa total adhesión internacionalista á liberación nacional e social do Pobo Vasco. Sumámonos a manifestación de Elgoibar convocada para o 11 de outubro co obxectivo de reivindicar a liberdade de Arnaldo Otegi e dos seus compañeiros e compañeiras presas polo caso “Bateragune”. Nin os gobernos nin o Estado español lle...