Inicio » Día da Patria

Un 25 de xullo de unidade e xenerosidade!

Un ano máis, coa chegada do 25 de Xullo, o pobo galego xúntase para reivindicar, de xeito claro e decidido, a vontade de sermos nación libre e soberana. Un ano máis, dende a Frente Popular Galega reivindicamos que o noso día nacional, instaurado a principios do século pasado polas Irmandades da Fala, debe ser dinamizado polo movemento popular e social, polo pobo traballador, é dicir: polo... 

Día da Patria Galega

  Como todos os 25 de xullo, desde que en 1920 as Irmandades da Fala chamasen a recoñecer e celebrar o Día Nacional de Galicia, o pobo traballador galego reivindica o día da nosa Patria afirmando con Castelao que Galiza só deixará de loitar pola liberdade cando a conquira. Esta é, xa que logo, unha reivindicación que emerxe do pobo e madura no pobo: levamos preto dun século opóndonos... 

25 de Xullo, Día da Patria: Construír Poder Popular

Un ano máis a Frente Popular Galega quere facer neste 25 de xullo un chamamento a todo o pobo galego para reivindicarmos de xeito claro e decidido a vontade de sermos nación libre e soberana participando dos actos soberanistas que van ter lugar por toda Galiza con motivo deste novo Día da Patria. O noso día nacional, instaurado a principios do século pasado polas Irmandades da Fala, debe ser... 

II Xornada ¨Mulleres libres na Matria liberada¨

Por segundo ano as organizacións Adiante e FPG, celebramos unha xeira ao carón do Día da Matria, para entre todas continuar a construír os alicerces da nosa liberdade que, como o noso país, vemos roubada día a día. A violencia estrutural que aplica o goberno recortando nas nosas necesidades básicas (ensino, sanidade, vivenda, soberanía, identidade…) precisan dunha resposta continuada. Entendemos... 

No Día da Patria xunt@s con ANOVA-Irmandade Nacionalista

A Frente Popular Galega (FPG) perante o noso día nacional chama a todos os galegos e galegas a participar activamente no Acto Político que a recén constituída ANOVA-Irmandade Nacionalista convoca polo Día da Patria ás 13h deste 25 de xullo na praza de Mazarelos en Compostela. Xunt@s pola autodeterminación camiño da independencia! Avante pola República Galega!  Ler máis →

Tras o 25, avantarmos coa clase e coa Patria

Alén de ser o noso Día Nacional, para a esquerda galega o 25 de xullo marca o fin e o comezo do vello e do novo curso político respectivamente. Nin as ditaduras, nin o fascismo, nin o españolismo, puideron apagar o lume desta data que cristalizou a primeiros do século pasado de man dos lexítimos valedores da nosa causa nacional. Con todo, este 25 de xullo, veu acompañado da celebración simbólica... 
Etiquetas:

Día da Patria 2011: LOITA E UNIDADE. INDEPENDENCIA E SOCIALISMO

Manifesto da Frente Popular Galega (FPG) perante o Día da Patria 2011 Ao Pobo Traballador Galego: A crise. Todo o mundo fala da crise. Unha crise que de certo veu para ficar. Os medios de comunicación empresariais, os do sistema, con donos que teñen nomes, apelidos e intereses, simplifican todo coa denominada crise. O que seguro sabemos é que, a pouco que escaravellemos tras a pesada lousa que... 
Etiquetas:

Crónica do 25 de xullo de 2010

Hai uns días celebramos, como vén facendo a Galiza rebelde desde hai noventa anos, un novo Día da Patria. Moito choveu desde que as Irmandades da Fala proclamaran o 25 de xullo como o noso día nacional e moitos foron eses días que tiveron de ser celebrados na clandestinidade. Aínda así, as nosas arelas de liberdade, o noso compromiso coa loita pola República Galega, lévanos a manter esta data,... 
Etiquetas:

Día da Patria 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGA

Hai agora un ano describiamos a grandes trazos a grave situación pola que atravesaba o noso Pobo e apuntabamos por onde se debían encamiñar os procesos que puderan pór couto a esta situación. Hoxe, en 2010, a situación vese seriamente agravada dada a profundización da crise do modo de produción capitalista e das receitas que desde o Estado español se están a impor para sandar á besta ferida... 
Etiquetas: