Inicio » Comarcal, Pontevedra » [Pontevedra] Boletín informativo do CN de Marín e da FPG

[Pontevedra] Boletín informativo do CN de Marín e da FPG

O colectivo nacionalista de Marín e a asemblea comarcal da FPG en Pontevedra vimos de editar un boletín informativo conxunto cos recortes provocados pola crise sistémica como temática central.

A partir dun enfoque global, co artigo da capa “Recortes, reforma laboral, crise, conxelación salarial, impostos”, este voceiro pretende desmontar o argumentario neoliberal que fai recaer as consecuencias da inviabilidade sistémica nas clases traballadoras. No apartado de “Sanidade, Ensino e Servizos sociais” damos continuidade a unha campaña conxunta que incluirá o 2 de febreiro unha palestra na biblioteca pública de Marín coa presenza de Xiana López e Diego Leal.

Na última parte deste primeiro boletín do ano, abordamos a denuncia social na nosa contorna máis próxima. A privatización do servizo de xardíns no Concello de Marín, a agonía do Naval e a desfeita ambiental que se prepara nos Montes do Morrazo son as temáticas que destacamos neste número.

Podes descargalo premendo nesta ligazón.

[issuu width=420 height=297 backgroundColor=%23222222 documentId=120119081820-6a4396e676bf4c7693091f23053e0a60 name=boletinsanidade username=fpg_gz tag=fpg unit=px id=e42c582e-e6f2-0892-f526-bc4df1a48210 v=2]