Inicio » Nacional, Da Galiza Mártir » Que non morreu Reboiras, que está sempre na Patria

Que non morreu Reboiras, que está sempre na Patria

Un ano máis desde a Frente Popular Galega lembramos a memoria e o legado de Xosé Ramón Reboiras Noia.

Este 12 de agosto cúmprense trinta e oito anos do seu asasinato a mans da policía española. Trinta e oito anos nos que as agresións da oligarquía española e os seus aliados autóctonos contra as clases populares galegas foron unha constante. Trinta e oito anos nos que os ataques contra a Nación e o pobo traballador galego foron en aumento a través das múltiples fórmulas experimentadas desde o Estado ocupante, que con diferentes facianas mantivo o mesmo obxectivo colonizador. Trinta e oito anos de resistencia e loita nos que Reboiras sempre estivo presente coma un espello de militantes desde a UPG-histórica, que logo se chamou Partido Galego do Proletariado, e o Partido Comunista de Liberación Nacional.

Desde a nosa aparición coas actuais siglas hai vinte e cinco anos, sempre tivemos en Reboiras un exemplo de militancia e compromiso coa causa nacional e popular galega, un exemplo na acción sindical, cultural, xuvenil e política na que Reboiras foi semente e motor no avance do noso pobo cara a independencia nacional e o socialismo, cara a República Galega.

Por iso hoxe, coma sempre, estamos seguras de que non morreu Reboiras, que está sempre na Patria, no corazón do Pobo que loita.

Moncho Reboiras, a loita continúa!

Venceremos!

Etiquetas: