Inicio » Nacional, Feminismo » 28 de setembro, día internacional polo dereito ao aborto.

28 de setembro, día internacional polo dereito ao aborto.

Manifestación nacional polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

Este sábado 28 de setembro,  a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto sae de novo á rúa de forma unitaria co lema Aborto legal, seguro e gratuíto, será en Compostela desde a estación do tren ás 17.30.

Agora, se cabe, é máis urxente ca nunca diante do anuncio do proxecto de lei que o goberno ultracatólico e fascista do Partido Popular quere impoñernos ás mulleres traballadoras galegas. Demostraremos nas rúas e onde sexa preciso a nosa enerxética repulsa diante do intento de negación do noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e orientacións sexuais.

As mulleres traballadoras defendemos a nosa independencia e combatimos frontalmente esta manobra de control destinada a impedir a emancipación da nosa clase e o poder popular.

Tamén haberá actos noutras cidades do País coa intención de visualizar e mobilizar de cara á Manifestación nacional:

Na Coruña, o 25 de setembro, ás 19.30, Marcha Silenciosa Polo Dereito a Decidir, que sairá dende a Praza da Galiza.

En Ferrolterra, o xoves 26 de setembro ás 18.30horas, acto da plataforma galega polo dereito ao aborto na Praza do Concello de Ferrol.

En Ourense, o xoves 26 de setembro, ás 20:00 horas,terá lugar o pasarúas reivindicativo polo dereito a decidir,  cun lazo xigante que se levará desde a rúa do Paseo (diante da antiga sede do Banco de España) ata o Pazo de Xustiza.

Enlaces:

feminismo.eu/PlataformaAborto/

http://feminismo.eu/PlataformaAborto/calendario/