Inicio » Nacional, Congresos Nacionais, VII Congreso Nacional » Novo Congreso Nacional da FPG

Novo Congreso Nacional da FPG

O próximo sábado 5 de outubro a Frente Popular Galega (FPG) imos celebrar o noso Congreso Nacional en Cangas do Morrazo, baixo o lema Na esquerda, pola fronte ampla. O comezo está previsto para ás 10 da mañá, e será no Restaurante O Capitán, situado na Praia de Menduiña (Cangas).

Desde a FPG marcámonos este Congreso como a ferramenta que a nosa militancia ten para definir e trazar as principais posicións políticas do noso partido para os próximos anos. Así, o contexto nacional e internacional ocuparán boa parte do debate xunto con cuestións da organización interna da nosa militancia.

Estamos seguras de que este Congreso servirá para reforzar a nosa organización e que nos dotará das coordenadas para afondar na nosa aposta por unha Fronte Ampla de Unidade Popular, coa vista posta no reforzamento dos acordos de máximos e na acumulación de forzas na esquerda e no soberanismo.

Xa pola tardiña ao remate do Congreso e no mesmo lugar, ás 20 horas terá lugar a celebración do 25 aniversario do noso partido cun acto político aberto á militancia, simpatizantes e convidad@s de outras forzas políticas amigas.