Inicio » Nacional, Feminismo » 20D #alertafeminista. Todas á rúa polo noso dereito a decidir!!

20D #alertafeminista. Todas á rúa polo noso dereito a decidir!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Confírmase que hoxe, 20 de decembro, as ameazas da dereita opusiana e fascista do PP de relegar ás mulleres a ser meras incubadoras, obxectos exentos de dereitos, vanse consumar no Consello de Ministros, a través da #LeiGallardón. A inminencia da aprobación da lei do aborto e o enorme retroceso nos dereitos fundamentais das mulleres obterá unha contundente resposta por parte de todo o movemento feminista organizado. A Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto, conformada por máis de 60 colectivos, fai un chamamento a toda a cidadanía galega para denunciar e amosar o seu rexeitamento ante esta nova agresión contra as mulleres. Así, hoxe, no caso de ser aprobada a reforma do aborto, haberá concentracións ás 19.00 has seguintes vilas e cidades:

Vigo: Marco
A Coruña: Obelisco
Ourense: Casa do Concello
Compostela: sede do PP (Alfredo Brañas)
Ferrol: Casa do Concello
Lugo: Subdelegación do Goberno
Pontevedra: Praza da Peregrina)
A Mariña: Casa do Concello de Ribadeo
Cangas: Casa do Concello

 

Comunicado da Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto