Inicio » Sobre o imperialismo, Sobre movementos populares » Mensaxe do Secretario Xeral do Partido Comunista Ucraíno aos militantes do partido

Mensaxe do Secretario Xeral do Partido Comunista Ucraíno aos militantes do partido

simonenko-comunista-ucrania

Queridos camaradas comunistas,

Diríxome a vós nun dos momentos máis dramáticos na historia do noso país. Durante os tráxicos acontecementos dos últimos tres meses, derramouse sangue, morreu xente. A integridade territorial de Ucraína viuse ameazada, a súa existencia mesma como estado soberano, independente e unido.

Estes acontecementos teñen un carácter ambiguo. A participación neles de gran cantidade de xente reflicte o profundo descontento na sociedade coa política do réxime de Yanukóvich e do seu ámbito, que mostraron a súa incapacidade á hora de gobernar o país, enganando ao pobo, incumprindo todas as súas promesas preelectorais e abandoando covardemente o seu posto no momento máis difícil.

A desvergonza coa que se enriqueceu o clan formado en torno a Yanukóvich, que recibiu o nome de “Familia”, afastou deles a maioría dos seus partidarios e electores.

Pero as manifestacións de protesta das masas non adquiriron o carácter de confrontación de clases. Esa loita cruenta produciuse entre os dous grupos da mesma clase de explotadores, a burguesía oligárquica, dos cales a mellor preparada resultou o grupo que uniu ás forzas proocidentales, nacionalistas de ultradereita. Estas forzas souberon habilmente utilizar o descontento da xente e coa súa axuda consumar un golpe de Estado.

Ao mesmo tempo, Occidente abertamente, sen cerimonias, inmisciuse nos asuntos internos do noso país, apoiando a actuación das forzas ultradereitistas, por canto están encamiñados a unha profunda transformación da situación xeopolítica en Europa e o mundo, a destruír os lazos de varios séculos, económicos, culturais e espirituais dos pobos ruso e ucraíno e dos demais pobos irmáns da antiga Unión Soviética, entregando a Ucraína como protectorado dos EUA, a UE e a OTAN, do FMI e de varias multinacionais.

A actuación dos grupos ultradereitistas, encabezados por forzas abertamente neonazis, xurdidas á calor do réxime de Yanukovich, e herdeiras ideolóxicas dos ocupantes hitlerianos, van acompañadas por un novo e extremadamente perigoso rexurdimento da histeria anticomunista, que se manifesta na destrución xeneralizada dos monumentos a Lenin, aos heroes da Gran Guerra Patria, por asaltos criminais ás sedes do noso partido, en Kiev e noutras cidades do país, polo terror moral e físico contra os comunistas e nas esixencias de prohibir a actividade do Partido Comunista.

Todo isto deixa ben ás claras, que as forzas que se fixeron co poder, poden recorrer a calquera acto ilegal, sen deterse ante posíbeis represalias, non só contra os dirixentes do partido, senón contra os comunistas de base.

Hai que estar preparados para iso.

Na situación que se xerou, a máis importante das tarefas que temos por diante, é manter a estrutura do partido, os seus cadros, estar alerta e non caer en provocacións.
É vital utilizar todas as posibilidades para explicar aos traballadores o sentido do golpe que se deu e o perigo das consecuencias que carrexará para as xentes sinxelas: un dramático empeoramento da economía, crecemento do desemprego, non pagamento de salarios e pensións, suba de prezos e tarifas, o desenfreo da delincuencia e o empobrecemento da xente.

A dirección do partido, o noso grupo parlamentario na Rada, vai facer todo o posible, para nestas dificilísimas condicións, defender os intereses dos traballadores, conservar o partido e defender a unidade do país.

Queridos camaradas,

Ante o partido, ante cada un de nós, preséntanse novos e difíciles desafíos. Unamos as nosas filas, multipliquemos os esforzos na loita por unha causa xusta, como é o socialismo.

Piotr Simonenko