Inicio » Liberación nacional, Movemento obreiro, UPG-histórica, Vigo » Moncho Reboiras: Semente de vencer

Moncho Reboiras: Semente de vencer

reboirascartelredesEste ano, a Frente Popular Galega e a organización da mocidade comunista XEIRA, celebraremos un acto popular de lembranza e homenaxe dunha figura central da nosa historia recente e imprescindíbel para entender o momento histórico en que vivimos. Na súa persoa conflúen o mellor da loita de emancipación social das clases traballadoras coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa cultural e identitaria do noso pobo, ambos piares basilares sobre os que se asenta a democratización radical da nosa sociedade.

A través da lembranza de Moncho Reboiras queremos humildemente manter acesa a chama da súa memoria e traela ao presente para contrastar o compromiso do camarada de Imo, asasinado en Ferrol e vencellado estreitamente co barrio vigués de Teis, coas loitas sociais e nacionais que, como activistas e militantes, nos moven hoxe en día.

Convocamos, polo tanto, unha homenaxe popular que o vindeiro xoves 14 de agosto ás 20 horas faremos na praza do mercado de Teis na memoria de Moncho Reboiras. Na homenaxe, presentada por unha militante de Xeira veciña de Teis, intervirán o camarada da FPG Xosé Luís Méndez Ferrín e os respectivos secretarios de zona de Xeira e da FPG.

Porque canda a Moncho Reboiras, en 2014, e canda a todas as persoas que deixaron o mellor da súa vida no combate contra o fascismo e por unha Galiza Ceibe, a loita continúa!