Inicio » Liberación nacional, Movemento obreiro, Movemento xuvenil, Vigo » Moncho Reboiras, o futuro é noso!

Moncho Reboiras, o futuro é noso!

reboiras web

Cando se cumpren 41 anos do asasinato do patriota galego Moncho Reboiras a mans da policía española, dende as expesións organizativas do comunismo independentista queremos poñer en valor a figura daquel mozo obreiro e combativo nacido en Imo, formado en Vigo e asasinado en Ferrol, como referente rebelde e exemplar para as xeracións actuais e futuras.
Xusto nestes momentos nos que a mocidade galega está a ser cada vez máis explotada, condenada ao exilio económico, precarizada, agredida, excluída de dereitos, traizoada nas súas expectativas, impedida para se realizar e para se reproducir, infradotada de servizos sanitarios, negada e insultada, sen posibilidade de vivir en galego, colonizada, alienada, escravizada… o exemplo de Reboiras elévase como unha alternativa de futuro para rachar coas cadeas do capitalismo, do imperialismo, das políticas de exterminio contra a nosa clase e a nosa nación.
Por todo iso, dende Xeira e dende a FPG, dende o comunismo independentista de Galiza, queremos arredarnos das reivindicacións nostálxicas, folclóricas, identitarias e elevar Reboiras como referente para camiñar cara adiante, para elaborar propostas de futuro cos pés na terra e coa nosa clase como guía. Por todo iso, dende Xeira e a FPG convocamos un novo acto político en homenaxe a Moncho Reboiras para o sábado 13 de agosto ás 12:00 horas no Mercado de Teis, no seu barrio, e despois do acto celebraremos un xantar popular no CS Mistura (Avenida de Galiza, 167- Teis).
Estades todas convidadas.
Viva Galiza independente e socialista!
O futuro e noso!