Inicio » Posts tagged with "25 de Xullo"
No Día da Patria xunt@s con ANOVA-Irmandade Nacionalista
A Frente Popular Galega (FPG) perante o noso día nacional chama a todos os galegos e galegas a participar activamente no Acto Político que a recén constituída ANOVA-Irmandade Nacionalista convoca polo Día da Patria ás 13h deste 25 de xullo na praza de Mazarelos en Compostela.
Xunt@s pola autodeterminación camiño da independencia!
Avante pola República Galega!
Ler máis →
Tras o 25, avantarmos coa clase e coa Patria
Alén de ser o noso Día Nacional, para a esquerda galega o 25 de xullo marca o fin e o comezo do vello e do novo curso político respectivamente. Nin as ditaduras, nin o fascismo, nin o españolismo, puideron apagar o lume desta data que cristalizou a primeiros do século pasado de man dos lexítimos valedores da nosa causa nacional. Con todo, este 25 de xullo, veu acompañado da celebración simbólica...
Vídeo do 25 de xullo de 2011
Ofrecémosvos un pequeno vídeo co resumo das intervencións realizadas no acto político da FPG do 25 de xullo de 2011, Día da Patria.
[tube]_pnhwVFT2vU[/tube]
Ler máis →
Día da Patria 2011: LOITA E UNIDADE. INDEPENDENCIA E SOCIALISMO
Manifesto da Frente Popular Galega (FPG) perante o Día da Patria 2011
Ao Pobo Traballador Galego:
A crise. Todo o mundo fala da crise. Unha crise que de certo veu para ficar. Os medios de comunicación empresariais, os do sistema, con donos que teñen nomes, apelidos e intereses, simplifican todo coa denominada crise. O que seguro sabemos é que, a pouco que escaravellemos tras a pesada lousa que...
A FPG condena a prohibición de actos do Día da Patria en Compostela
Conde Roa e o PP volven mostrar o seu rostro inquisitorial ao prohibir algúns actos do Día da Patria de Causa Galiza e da organización Briga. O PP equivócase se pensa que pode prohibir e vetar espazos públicos para o asociacionismo e colectivos da esquerda soberanista.
O Día da Patria Galega, data asentada desde principios do século pasado, xa ten superado obstáculos maiores que o do aprendiz...
Crónica do 25 de xullo de 2010
Hai uns días celebramos, como vén facendo a Galiza rebelde desde hai noventa anos, un novo Día da Patria. Moito choveu desde que as Irmandades da Fala proclamaran o 25 de xullo como o noso día nacional e moitos foron eses días que tiveron de ser celebrados na clandestinidade. Aínda así, as nosas arelas de liberdade, o noso compromiso coa loita pola República Galega, lévanos a manter esta data,...
Día da Patria 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGA
Hai agora un ano describiamos a grandes trazos a grave situación pola que atravesaba o noso Pobo e apuntabamos por onde se debían encamiñar os procesos que puderan pór couto a esta situación. Hoxe, en 2010, a situación vese seriamente agravada dada a profundización da crise do modo de produción capitalista e das receitas que desde o Estado español se están a impor para sandar á besta ferida...
Contra o imperialismo: República Galega
A todo o pobo traballador de Galicia:
Unha vez máis, a FPG comparece perante as galegas e os galegos. Quere o noso Partido facer diferentes consideracións, na espera de que sexan tomadas en conta.
Na memoria de todos está a resposta dos galegos á catástrofe marítima ocasionada polo naufraxio do “Prestige”. Todos lembramos o clamor popular e a posta en vigor das nosas mans e dos nosos...
De FRENTE pola República Galega
Hoxe, as multitudes de Galiza mobilízanse polo dereito da Nación a se facer dona dela mesma. A FPG declara que non hai outra forma de nacionalismo galego que o independentismo.
So o signo da violencia planetaria, exercida por uns EEUU que están a reducir a cinsas o Dereito e a impoñer a súa ditadura militar en todas partes, Europa ve como fracasa a utopía da súa unión. Dentro desa Europa que...