Inicio » Posts tagged with "29M"

Comezamos unha mobilización sostida

O pasado 29 de Marzo, as e os activistas da FPG fomos parte do que debe converterse nunha resistencia sostida no tempo e firme en principios. Non albiscamos outro futuro posible para as clases traballadoras galegas diante da ofensiva constante do sistema en crise. Estivemos nos preparativos previos, distribuíndo o material de propaganda, facendo palestras e asembleas coa veciñanza e nos centros... 

Boletín informativo arredor da folga xeral

Con motivo da folga xeral convocada para o vindeiro 29 de Marzo, as organizacións CN de Marín, FOGA, PCPG e FPG veñen de tirar un boletín informativo chamando a secundar activamente esta xornada de loita e mobilización nas rúas. O boletín preséntanos un cadro sintético do que a reforma laboral virá significar, no que queda ás claras a grave desprotección das clases populares nesta nova... 
Etiquetas: , ,

Perante a convocatoria de Folga Xeral o 29 de Marzo

O pasado 10 de Febreiro o Goberno do PP aprobaba por decreto a reforma laboral máis agresiva desde a fin do réxime franquista. Un recorte de dereitos á clase traballadora que, continuando a rota iniciada polo Goberno de Zapatero, supón un salto de grande magnitude cara unha situación de desequilibrio total nas relacións laborais, deixando ás persoas traballadoras en situación de desprotección...