Inicio » Opinión
Marzo a proxectar arredismo de clase
Marzo, o equinoccio da primavera, entre o ventoso e o xerminal. É grande o simbolismo do antigo mes de Marte en todas as disciplinas. Vai esmorecendo o inverno e abrollan as novas vidas, todo emerxe, fluíndo, xirando en espiral. Tamén o é, como non, na curta pero intensa historia política da nosa esquerda arredista contemporánea.
Así é que nun 25 de marzo de hai corenta anos se constituia...
Arredismo de clase e marea galega en sete puntos
1.O pasado 30 de xullo, unha asemblea multitudinaria no Mar de Vigo, lexitimada por máis de dez mil asinantes e un cento de mareas de base, constituíu un novo tempo para o pobo traballador galego, un tempo coma o actual no que toda resposta pola liberación nacional e de clase adopta necesariamente en Galiza o modelo elaborado da unidade popular antimperialista e anticapitalista e na que...
Libro de Estilo contra disidentes
Libros de estilo, libros de estilo,
están de moda os libros de estilo…
o estilo es ti!
Ferrín
O obxectivo dun libro de estilo é algo opaco nos nosos días. Semella claro para quen o escribe, se cadra tamén para quen o le. Pero como nas augas da ría, flúen intensas correntes e contracorrentes baixo a placidez da superficie.
O concepto de xornalismo literario tocou cumios na nosa lingua...
Tarefas e reptos da esquerda republicana e independentista galega
Malia non ser precisamente para min un referente político nin ideolóxico, dicía moi atinado o alcumado pai da independencia india Mahatma Ghandi que “first they ignore you, then they ridicule you, then they fight you, and then you win”. Dándolle unha voltas, esta frase, e fuxindo de esquemas mentais ríxidos e de interpretacións demasiado subxectivas, ben se podería aplicar á curta pero...
Esquerda independentista, municipalismo e unidade popular
A aposta clara da esquerda independentista galega por apoiar, promover e mesmo constituír candidaturas de unidade popular a nivel municipal é un posicionamento táctico cun longo percorrido na historia contemporánea do movemento. Longo percorrido pero tamén intermitente a consecuencia da inestabilidade organizativa e das divisións que marcan o complicado decorrer do independentismo galego...
Por que temos que ser independentistas?
Esta é unha cuestión que queremos abordar con seriedade e rigor. Temos que ter claro que non podemos ser independentistas por unha mera cuestión sentimental, subxectiva ou romántica. Desde a CUT, como central sindical marxista e de clase que emprega o materialismo dialéctico e o materialismo histórico para realizar análises científicas e non subxectivas da realidade, temos que explicar en base...
Eu, Posición Soto
Lois Soto (1902-1981), intelectual e activista que atravesa coma unha fúlgura o século XX e dá sentido profundo ao encontro entre marxismo e nacionalismo galego, era un mito popular na miña nenez de Vilanova dos Infantes. Logo, nos anos cincuenta, Soto, en compaña dunha brillante cohorte de exiliados en México, bombardeou a Galicia máis alerta coa revista Vieiros, monolingüe galega e co cineasta...
Fagamos do Parlamento do Hórreo unha Barricada
Finalmente, e como xa era previsíbel, o Goberno de España, através desa especie de barman dos de antes apelidado Núñez Feijóo, decidíu que as eleccións á Comunidade Autónoma Galega sexan o 21 de outubro, adiantándoas practicamente medio ano.
Descontando evidentemente os resultados en tres das provincias de Euskal Herria que celebran ese día eleccións e onde o partido se xoga a un nivel...
Da fascinación esquerdista cos fogos de artificio
Os fogos de artificio a estourar no alto do ceo con múltiples formas e cores sempre hipnotizaron á maioría, sobre todo á infancia. Os antigos exploradores que voltaban de Oriente coas novidades da pólvora e do diñeiro en papel, sabían do poder de ambos para a destrución e para a fascinación.
No deporte, na política e na economía, eidos de fronteira difusa, a fascinación polos fogos de artificio...
Grecia e nós
Xogabámonos moito o domingo en Grecia. A presión mediática acouga nas portadas do día despois. “Il voto della Grecia fa respirare l’Europa” di Corriere della Sera. “Greece gives Europe a chance” titula The Guardian. Nunha coincidencia con alta carga simbólica, ABC e El País concordan: “Grecia da un respiro a Europa”.
A coalición Syriza quedábase co 26’89% dos votos,...