Inicio » Opinión

Un novo dezasete de maio

Xa se achega un novo dezasete de maio, nesta nosa Nación-Sen-Estado, cuxa máxima e esencial seña de identidade é a lingua proletaria do noso pobo. É certamente heroica a resistencia e supervivencia do noso idioma nacional; esta benquerida lingua que, sendo falada por aproximadamente dous millóns e medio de persoas, está rodeada xeograficamente de imperios lingüísticos (dous) e asoballada e... 

O ascenso de Arturo Ui

En 1941, Bertolt Brecht, daquela exiliado en Finlandia para fuxir dun nazismo que ocupaba case toda Europa, empezou a idear unha parábola en forma teatral do ascenso de Hitler ao poder que, tempo despois, titularía: O evitable ascenso de Arturo Ui. A peza, ambientada no Chicago dos anos 30, describe como un gangster local de segunda fila, Arturo Ui, chega ao poder mediante a violencia, o suborno,... 

Localismo é españolismo

Coincidindo co encontro de fútbol entre as equipas do Celta e o Dépor, desde a FPG cremos oportuno publicar este breve texto sobre o localismo en Galiza e a súa orientación político – ideolóxica. A ausencia dunha perspectiva de Galiza como nación favoreceu durante o período democrático unha duplicación de entes públicos, Universidades, Aeroportos ou Portos Exteriores, que non atendía... 

Rosalía non se esgota

Ningunha outra personalidade de Galicia foi e é tan asumida como súa polo pobo galego. Rosalía de Castro resulta, co seu capital simbólico acumulado, xeración tras xeración, un referente nacional, tanto dentro coma lonxe de Galicia. Ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for xerou tantas páxinas, tantas imaxes, tanta música ou tanta arte en xeral coma Rosalía de... 

A arte de sumar restando

O sentido común, ese valor etéreo que invoca o presidente in pectore, aseguraba que non era posible que os partidos que se autocualifican “de esquerda” puidesen gañar votos en Galicia. Cada un paga o seu e a crise o de todos. Por un lado, o PSdG-PSOE recolle a sementeira dun candidato que só se gustaba a si mesmo, reflexo (outra vez, e outra) da falta de proxecto político para... 

Roubar en Vigo

Camiñando polas rúas da nosa cidade, a cidade de Vigo, a Porta do Atlántico, a cabeceira de Turonio, o motor nacional, -ou calquera outra etiqueta de falsa autocompracencia colectiva-, é moi común atopar valados megalómanos, cartaces de grandes dimensións, anuncios a toda páxina e a toda cor na prensa comarcal (escrita, radio e televisión), etc,… lembrándonos “quen fai”... 
Etiquetas:

Escolle, pero non penses

Coca-Cola ou Pepsi-Cola? FC Barcelona ou Real Madrid? Rolling Stones ou The Beatles? PP ou PSOE? Cola Cao ou Nesquik? Así levamos desde que temos uso de razón: escollendo entre dúas opcións. Así semella que podemos escoller, pero sempre escollemos o mesmo. Sempre escollemos unha bebida azucarada dunha multinacional que explota milleiros de persoas en todo o mundo. Sempre escollemos un equipo de... 
Etiquetas:

Massó ou o cabalo de Troia (traxedia en tres actos)

Este é un post especial pra amantes do BNG. Estaría ben que as persoas sensatas que poidan habitar este partido reflexionasen sobre o xeito de actuar dos seus representantes en Cangas e no feito de que Clara Millán non teña máis oficio coñecido que vivir do partido, cuestión que sempre me pareceu moi perigosa pra a integridade ideolóxica. En definitiva, esta é unha historia de traizón dende... 

Unha Xunta nada estival

Aproveitando a tempada estival, en linguaxe xudicial “con nocturnidade e alevosía”, a Xunta do PP aprobou un pacote de medidas de enorme calado político e de grande importancia para o pobo traballador galego e para os seus recursos enerxéticos, medioambientais, culturais e sociais. A pretensión clara é a de pasar o máis desapercibido posíbel diante da cidadanía, contando para iso coa inestimábel... 
Etiquetas:

Continuar avanzando como cabalo novo

Afirma a FPG nalgures do relatorio que aprobou na súa recente Conferencia Política máis ou menos que a década na que xa estamos vai ser decisiva para o noso futuro como Pobo e que da altura de miras con que todos e todas actuemos dependerá que podamos rectificar ou non as actuais tendencias que levan á nosa destrución como nación. Non quero ser catastrofista mais non podo menos que concordar... 
Etiquetas: