Inicio » Vigo
Moncho Reboiras, o futuro é noso!
Cando se cumpren 41 anos do asasinato do patriota galego Moncho Reboiras a mans da policía española, dende as expesións organizativas do comunismo independentista queremos poñer en valor a figura daquel mozo obreiro e combativo nacido en Imo, formado en Vigo e asasinado en Ferrol, como referente rebelde e exemplar para as xeracións actuais e futuras.
Xusto nestes momentos nos que a mocidade...
Moncho Reboiras: Semente de vencer
Este ano, a Frente Popular Galega e a organización da mocidade comunista XEIRA, celebraremos un acto popular de lembranza e homenaxe dunha figura central da nosa historia recente e imprescindíbel para entender o momento histórico en que vivimos. Na súa persoa conflúen o mellor da loita de emancipación social das clases traballadoras coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa...
[Vigo] Conflitos partidistas prexudican o pobo
Aproveitamos estas necesarias chuvias de abril para facer público o seguinte comunicado.
Desde a FPG afirmamos que o pobo de Vigo é vítima dos intereses partidistas de PSOE e PP e das leas que deles derivan. Un exemplo palpable témolo no saneamento das nosas rúas. As inundacións que cada vez que chove temos que sufrir os veciños de lugares como Balaídos ou Santiago de Vigo, por pór dous exemplos,...
[Vigo] O que a FPG entende por unha estación intermodal en Vigo
O pasado 12 de marzo a Frente Popular Galega da Comarca de Vigo presentamos ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado as nosas alegacións arredor da futura estación de tren da nosa cidade.
Nelas contemplamos o futuro da estación do tren en Vigo como un paso máis no proxecto global de favorecer as comunicacións entre os veciños de Vigo, Baixo Miño, norte de Portugal e o Morrazo, xunto con...
[Vigo] Pola municipalización dos servizos básicos
A FPG clama por un transporte urbano xusto, efectivo e de calidade para Vigo. Tamén traballa a prol dunha mobilidade sustentábel, por uns medios de transporte colectivos eficientes e de calidade, un servizo público básico, social e vertebrador da cidade para o traslado das persoas.
Reivindicamos un sistema de transporte que lle dea resposta ás necesidades de mobilidade de toda a poboación,...
[Vigo] Contra o peche do Arquivo Pacheco
Prodúcese, máis unha vez, a clausura do ARQUIVO PACHECO, doutra volta dependendo dun cambio de goberno municipal. Dita actitude priva ao pobo de Vigo da utilización do inmenso arquivo, ficando, desta maneira, conxelados proxectos que van desde o simple lecer á investigación académica. Outra vez, a cultura é privada ou non é.
Quedan pois para o recordo, exemplos do bo traballo realizado por...
[Vigo] Contra a palestra franquista no Club Faro
Hoxe, o neto do dictador Franco dará unha conferencia presentando o seu novo libro falando do bo que era o seu avó no entorno familiar e lavando a imaxe dun dos maiores asasinos do século XX.
Desde a Frente Popular Galega de Vigo acusamos directamente a Faro de Vigo, Club Faro e a súa directora Marisa Real, e a toda a xente encargada de organizar este evento de apoloxía do Franquismo,...