Inicio » Euskal Herria

Arnaldo Otegi Askatu!

Desde a Frente Popular Galega (FPG) queremos manifestar unha vez máis a nosa total adhesión internacionalista á liberación nacional e social do Pobo Vasco. Sumámonos a manifestación de Elgoibar convocada para o 11 de outubro co obxectivo de reivindicar a liberdade de Arnaldo Otegi e dos seus compañeiros e compañeiras presas polo caso “Bateragune”. Nin os gobernos nin o Estado español lle... 

Acto político con Herrira en Vigo

Este xoves celebraremos un acto político internacional coa Plataforma vasca Herrira en Vigo. Herrira é unha entidade que loita polos dereitos civís das persoas presas e, en especial, polo retorno en liberdade aos seus fogares en Euskal Herria das persoas exiliadas . Como organización internacionalista e solidadaria que somos, desde a FPG queremos dar a coñecer o importante traballo político... 

A FPG participou na mobilización histórica da esquerda abertzale

Este pasado 7 de Xaneiro unha delegación da Frente Popular Galega estivo presente como convidada na histórica mobilización convocada por Egin Dezagun Bidea en Bilbo baixo a lenda Kolosala Izango Da. Máis de 110.000 manifestantes, nun xesto de solidariedade sen precedentes -segundo nos comentaron os e as compañeiras da esquerda abertzale-, reclamaron que se respecten os dereitos fundamentais das... 

Hora da política en Euskadi

Se até o de agora o Estado español reducira o problema da cuestión nacional vasca a un asunto policial, o cese definitivo da actividade armada decretado por ETA nos últimos días obrígao, de novo, a considerar a lexítima aspiración do pobo vasco á autodeterminación como o que sempre foi en realidade: unha cuestión política. Chegou a hora de tratar este asunto nos parlamentos, non nas comisarías.... 

NORABOA BILDU!

A confirmación estes días da legalidade de Bildu polo Tribunal Constitucional español, rectificando deste xeito ao seu Tribunal Supremo, é unha testemuña máis do carácter político do conflito vasco así como tamén do labirinto no que está enredado o Estado español. Como xa temos manifestado noutras ocasións, desde a FPG cremos que a aposta realizada pola esquerda abertzale sen dúbida dará... 
Etiquetas:

Perante o cesamento do fogo en Euskal Herria

Desde o Comité Central da Frente Popular Galega queremos facer chegar ao conxunto da esquerda abertzale e ao pobo traballador vasco a nosa satisfacción polo anuncio da organización armada vasca ETA dun cesamento do fogo permanente e verificábel que sen dúbida ningunha abre unha enorme esperanza en favor do diálogo e da conquista da paz. Todo iso debería ir acompañado non só da enorme aposta... 
Etiquetas:

Declaración da FPG pola normalización política en Euskal Herria

O C.C. da Frente Popular Galega (FPG), a través do presente comunicado, expresa o seu total apoio tanto á normalización política de Euskal Herria como á plena capacidade de asociación política concretada no recoñecemento e a legalización da Esquerda Abertzale en base aos seguintes argumentos democráticos: 1.- Os estatutos do novo partido político presentados pola Esquerda Abertzale observan... 
Etiquetas:

Campaña internacional pola liberdade de Arnaldo Otegi

As persoas abaixo asinantes, a título individual ou en representación das súas respectivas organizacións, queremos expresar ao Presidente do Goberno español, Sr. Rodríguez Zapatero, e á opinión pública en xeral o seguinte: Entendemos que o Sr. Arnaldo Otegi é recoñecido como un líder polo seu Pobo, non só polo amplo sector social ao que politicamente representa, senón pola maioría da... 
Etiquetas: ,

A FPG diante das detencións en Euskal Herria

A FPG quere amosar a súa repulsa e indignación diante das detencións dos dirixentes políticos abertzales acontecidas o pasado día 13 de outubro por orde do xuíz Garzón. Ao mesmo tempo solidarizase cos e coas detidas e reclama a posta inmediata en liberdade dos que aínda permanecen na cadea. Ora ben, non debemos esquecer que desta vez os aparellos represivos do Estado pegaron un salto cualitativo... 
Etiquetas:

A FPG participa no acto ‘polos dereitos civís e políticos’ do pobo vasco

O 20 de xaneiro unha delegación da Dirección Nacional da FPG trasladouse até Bilbo convidados pola esquerda abertzale para coñecer a situación actual que vive Euskal Herria e a súa loita de liberación nacional e social. En rolda de prensa realizada na tarde dese día Joseba Álvarez trasladou aos medios a decisión de aprazar o acto de clausura do proceso Bide Eginez previsto para o día seguinte... 
Etiquetas: