Inicio » Nacional
1º de Maio: Día Internacional da Clase Obreira
Dicía o filósofo alemán Walter Benjamin que para a clase obreira todas as situacións son situacións de emerxencia. Logo de case quince anos de crise continuada do Capital, podemos concluír que para o caso da clase obreira galega -sometida a unha dobre explotación, de clase e nacional- o precepto de Benjamin cúmprese por partida dobre.
Neste albor da terceira década do século...
Liberdade para o Sahara
Comunicado do Comité Central da FPG sobre o recoñecemento por parte de España da soberanía Marroquí sobre o Sahara
Foto: Getty Images
Poucos días despois de que Pedro Sánchez lle enviase armas a Ucraína baixo o relato de combater a invasión rusa e, no medio da maior campaña de desinformación coñecida desde a II Guerra do Golfo, o mesmo presidente do goberno...
Nin paz entre clases, nin guerra entre os pobos
Comunicado sobre os acontecementos en Ucraína
Os acontecementos en Ucraína poñen de manifesto a necesidade de ordenar as relacións internacionais superando as lóxicas da Guerra Fría. Perante a nova situación bélica, cómpre defender os intereses da clase obreira mundial no marco da solidariedade internacionalista. Porque o proletariado non pode ser carne de canón nunha guerra dirixida...
Sobre as eleccións en Chile
Coa irrupción de Kast en plena crise política en Chile, celebramos o triunfo electoral de Apruebo Dignidad porque freou a ultradereita e porque garante liberdades políticas formais que posibilitan á clase obreira chilena continuar organizándose.
Máis alá desta conxuntura electoral, entendemos que a emancipación da clase traballadora precisa de romper cos marcos do Estado e cos límites...
Valoración do IX Congreso da FPG: A alternativa comunista
O Comité Central da Fronte Popular Galega valora positivamente o resultado do IX Congreso da FPG e afírmase na continuidade da súa liña histórica: a construción dunha Galicia independente e socialista mediante unha práctica baseada na procura da unidade popular a través da acumulación de forzas comprometidas co cambio social no noso país.
Vivimos nun contexto particularmente difícil para...
Unidade Antiimperialista
Nos últimos días puidemos contemplar o final dunha traizón anunciada: os peóns otanistas ianqui-otomanos usaron sectores do nacionalismo kurdo para, como moitos xa advertiran, posteriormente abandonalos e aniquilalos.
Fagamos memoria: a ofensiva contra o lexítimo goberno democrático e popular de Al Asad, apoiado polas forzas obreiras e comunistas sirias, dura xa case unha década....
Nicaragua. A Frente Popular Galega contra a Contra.
Un réxime somocista patriarcal, corrupto até os miolos e ben mantido polos EEUU en Nicaragua, foi derrubado en 1979 pola acción armada, política e adecuada á ética universal do Frente Sandinista de Liberación Nacional que a Cuba revolucionaria apoiaba.
O sandinismo ocupou o poder coas bandeiras vermellas e pretas ondeando sobre a Patria. Acto seguido, as forzas coordinadas do departamento...
Marzo a proxectar arredismo de clase
Marzo, o equinoccio da primavera, entre o ventoso e o xerminal. É grande o simbolismo do antigo mes de Marte en todas as disciplinas. Vai esmorecendo o inverno e abrollan as novas vidas, todo emerxe, fluíndo, xirando en espiral. Tamén o é, como non, na curta pero intensa historia política da nosa esquerda arredista contemporánea.
Así é que nun 25 de marzo de hai corenta anos se constituia...
Discursos na Homenaxe a Reboiras.
Discurso da FPG de Brais Fidalgo
Bo dia a todos e a todas,
Para nós é unha honra participar neste acto de lembranza e recoñecemento de Xosé Ramón Reboiras Noia, un 12 de agosto, no día que se cumpre 42 anos do seu asasinato pola policía do réxime franquista.
Para nós é unha obriga lembrar a Xosé Ramón Reboiras. No persoal e no político. No plano persoal, pois temos camaradas e...
15M: comunismo de movemento?
“Vemos a todos falando con veciños descoñecidos. Lemos miles de pancartas onde a vida de cada un se mistura sen fendas coa grande historia de todos. O conxunto destas situacións, destes descubrimentos, constitúe o comunismo de movemento”.
Alain Badiou, “A faísca que incendia a chaira” in Le Monde, marzo de 2011.
Comunismo é aquí, como nos dirá Badiou, “creación común do...