Inicio » Día da Patria

A necesidade dun cambio político radical

Do resultado das convocatorias efectuadas polas distintas forzas políticas para o Día da Patria Galega de 2004 deberiamos tirar unha consecuencia principal: O debate político é necesario e o diálogo imprescindible. O nacionalismo galego atópase nunha encrucillada e debe escoller, unha vez máis, o seu camiño. E para a FPG, ese camiño non pode ser... 

Por un novo Rexurdimento

No Día da Patria Galega No día de hoxe, unha vez máis, declarámonos contrarios ao dominio mundial do capitalismo e unidos solidamente a todas as forzas, individualidades, colectivos e movementos que arredor do Globo se concitan para a abolición da esplotación dos humanos por outros humanos. Coa mesma forza, co mesmo énfase e co mesmo desexo manifestámonos ... 

Autodeterminación

As Bases Democráticas Galegas constitúen unha iniciativa promovida por un grupo de persoas diversas vencelladas a diferentes ámbitos de Galiza. Esta proposta xorde da necesidade de situar en primeiro plano algúns dos aspectos fundamentais que lle permiten a toda colectividade recoñecerse como suxeito político e construír o seu presente e o seu futuro... 

Discurso da Mocidade da Frente Popular Galega

En Novembro do 2002 as nosas costas foron escenario da inoperancia das Institucions, que permitiron que un acto de terrorismo ecolóxico diezmara o noso principal recurso natural e económico. Denantes o Policomander, o Casón, o Mar Exeo… En Febreiro do 2003 os EE.UU. interveñen sen o apoio da comunidade internacional en Irak. Neste caso o precedente atopámolo na “intervención humanitaria”... 

Contra o imperialismo: República Galega

A todo o pobo traballador de Galicia: Unha vez máis, a FPG comparece perante as galegas e os galegos. Quere o noso Partido facer diferentes consideracións, na espera de que sexan tomadas en conta. Na memoria de todos está a resposta dos galegos á catástrofe marítima ocasionada polo naufraxio do “Prestige”. Todos lembramos o clamor popular e a posta en vigor das nosas mans e dos nosos... 
Etiquetas:

De FRENTE pola República Galega

Hoxe, as multitudes de Galiza mobilízanse polo dereito da Nación a se facer dona dela mesma. A FPG declara que non hai outra forma de nacionalismo galego que o independentismo. So o signo da violencia planetaria, exercida por uns EEUU que están a reducir a cinsas o Dereito e a impoñer a súa ditadura militar en todas partes, Europa ve como fracasa a utopía da súa unión. Dentro desa Europa que... 
Etiquetas:

Manifesto Día da Patria 2006

CONSTRUÍNDO A NACIÓN DESDE A ESQUERDA POLO NOSO DEREITO A DECIDIR   Sendo de condición traballadora a inmensa maioría dos habitantes que conformamos a nación Galicia, carecemos hoxe dunha representación política que responda aos nosos verdadeiros intereses como clase e como pobo. A coalición que ocupa desde hai case un ano o Goberno da Xunta non está respondendo ás expectativas creadas...