Inicio » Liberación nacional

Moncho Reboiras: Semente de vencer

Este ano, a Frente Popular Galega e a organización da mocidade comunista XEIRA, celebraremos un acto popular de lembranza e homenaxe dunha figura central da nosa historia recente e imprescindíbel para entender o momento histórico en que vivimos. Na súa persoa conflúen o mellor da loita de emancipación social das clases traballadoras coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa... 

Día da Patria Galega

  Como todos os 25 de xullo, desde que en 1920 as Irmandades da Fala chamasen a recoñecer e celebrar o Día Nacional de Galicia, o pobo traballador galego reivindica o día da nosa Patria afirmando con Castelao que Galiza só deixará de loitar pola liberdade cando a conquira. Esta é, xa que logo, unha reivindicación que emerxe do pobo e madura no pobo: levamos preto dun século opóndonos... 

De frente, sen tregua #RepúblicaGalega!

O 27 de xuño de 1931 é a data na que xs republicanxs galegxs lembramos o dia de proclamación da nosa I República. Neste ano 2014 este día chega con maior forza xusto cando se está a dar un debate entorno á monarquía borbónica,  debate xurdido á raíz abdicación do Borbón vello e dos resultados electorais das europeas onde as forzas bipartidistas do réxime saen deslexitimadas. A historia... 

Pola República Galega!

A abdicación do Borbón abre un novo escenario onde se visualiza que a caída do réxime imperialista español pode estar un pouco máis cerca. A responsabilidade debe ser máxima neste momento de cambio. Partindo dos principios básicos de ruptura democrática co réxime borbónico e do dereito a decidir da nación galega, as forzas e colectivos da esquerda nacionalista e independentista así como... 

Abaixo a monarquía!

Hoxe soubemos que o rey Juan Carlos decidiu abdicar no seu fillo o príncipe Felipe despois de 39 anos ao frente da monarquía española. Perante este feito, a Frente Popular Galega manifesta o seu completo rexeitamento a esta nova manobra das oligarquías estatais para perpetuar o réxime borbónico de costas ao pobo: o goberno corrupto e criminal do Partido Popular, en connivencia coa outra cara... 

Hoxe ás 20h en todas as cidades: é a hora da #RepúblicaGalega!

Estanse convocando manifestacións ás 20 horas en todas as cidades en demanda da convocatoria dun referendo para decidir sobre a sucesión de Felipe VI. Na Coruña será no Obelisco, perante a Delegación do Goberno español. En Compostela, no Toural. En Ferrol, na Praza do Himno Galego. En Vigo, diante do MARCO. En Ourense na Praza Maior. En Lugo na Praza Maior, perante a Casa do Concello. En Pontevedra... 

40 aniversario do 25 de abril. Venceremos!

Na véspera en que as patriotas e demócratas galegas lembramos con tristeza o fusilamento dos Mártires de Carral o noso pobo irmán celebra o 40 aniversario da súa luminosa revolución que aquel xa mítico 25 de abril de 1974 deu cabo da ditadura fascista, a máis longa que houbo na vella Europa. As galegas e galegos celebramos tamén o 25 de abril. Celebrámolo daquela, cando a esquerda independentista... 

6D – Nada que celebrar, moito polo que loitar!

Múltiples son os argumentos que demostran ás claras que a cidadanía galega foi e é prexudicada pola Constitución española (C.E) de 1978. Nestes 35 anos foron moitos os suxeitos políticos e sociais que desde a esquerda independentista, soberanista e nacionalista vimos denunciando a trampa que agochaba ese texto alcumado de “consenso”, e que co transcorrer dos anos veunos dar a razón a través... 

Xuntanza da FPG con Esquerda Unida (EU)

A Frente Popular Galega (FPG) quere manifestar a súa vontade de manter contactos con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras. A nosa vontade é firme: facer posíbel unha verdadeira alternativa política para a saída da brutal crise á que nos conducíu o gran capital financeiro... 

A Conferencia Nacional ante o proceso constituínte dun novo referente político

O pasado sábado 12 de maio tivo lugar en Redondela unha Conferencia Nacional da Frente Popular Galega na que saíu reforzada a aposta pola construción dun novo referente político amplo en defensa dos interes das clases populares galegas. A nosa militancia recoñeceu a validez da proposta dos grupos comarcais e locais de base arredor do que se vén chamando “Novo Proxecto Común”...