Inicio » Movemento obreiro

Moncho Reboiras, o futuro é noso!

Cando se cumpren 41 anos do asasinato do patriota galego Moncho Reboiras a mans da policía española, dende as expesións organizativas do comunismo independentista queremos poñer en valor a figura daquel mozo obreiro e combativo nacido en Imo, formado en Vigo e asasinado en Ferrol, como referente rebelde e exemplar para as xeracións actuais e futuras. Xusto nestes momentos nos que a mocidade... 

A mobilización e a unidade na loita é o único camiño!

O setembro galego está sendo un tempo de grandes mobilizacións sociais. Foino pola sanidade pública e de calidade, e foino  a favor do sector lácteo e dun rural galego digno. Dous sectores cruciais para calquera nación do mundo, a saúde das súas cidadás e unha agrogandería forte que sustente (soberanamente!) a súa poboación. Pero o noso País chamase Galiza, e o noso goberno exerce coma... 

Homenaxe Popular a Moncho Reboiras

Como en anos anteriores, a organización da mocidade comunista Xeira e a Frente Popular Galega convocamos unha homenaxe popular á figura de Moncho Reboiras no 40º aniversario do seu asasinato en mans da policía española. Farémolo de novo en Teis por ser este barrio obreiro da comarca viguesa o lugar onde o camarada Reboiras pasou a maior parte da súa vida e onde comezou a traballar e militar... 

Moncho Reboiras: Semente de vencer

Este ano, a Frente Popular Galega e a organización da mocidade comunista XEIRA, celebraremos un acto popular de lembranza e homenaxe dunha figura central da nosa historia recente e imprescindíbel para entender o momento histórico en que vivimos. Na súa persoa conflúen o mellor da loita de emancipación social das clases traballadoras coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa... 

Rodeemos o Parlamento!

As Marchas da Dignidade viven, medran e rodearán os Parlamentos dos diferentes territorios do estado no vindeiro sábado 21 de xuño. Desde a Frente Popular Galega, apoiamos esta nova acción do movemento social, popular e obreiro que constitúe as Marchas da Dignidade, pois defendemos que o pobo ten o deber de rebelarse contra unhas institucións secuestradas polas mafias financeiras que non están... 

1º de Maio 2014, Día do Internacionalismo Proletario. AVANCEMOS!

A Frente Popular Galega e a mocidade comunista de XEIRA no Día do Internacionalismo Proletario deste ano 2014 no que a taxa de desemprego acada xa no noso país o 23,2%, con vinte mil empregos máis destruídos nos primeiros tres meses do ano, co aumento da taxa de desemprego xuvenil nese mesmo trimestre en 2,2 puntos colocándose nun insoportábel 40,2%… queremos manifestar unha vez máis... 

STOP REPRESIÓN!

Na xornada de hoxe, 7 de abril de 2014, as forzas represivas do Estado español volveron imporse, á marxe de calquera garantía democrática, sobre a mocidade consciente e traballadora do noso país. Unha vez máis, constatamos con estes feitos o contexto de ofensiva armada por parte do Estado español e de criminalización ideolóxica de toda proposta anticapitalista que estamos a padecer. A liberdade... 

10 de marzo, dia da clase obreira galega

Desde a FPG queremos apoiar e facer un chamamento a participar en todos os actos e mobilizacións convocadas para o Día da Clase Obreira Galega. Hoxe, como todos os 10 de marzo desde 1972 queremos recordar a Amador e Daniel e ter a certeza de que a súa loita e morte non foron en balde. Hoxe a clase traballadora galega, ao igual que no 1972, vive nun clima de agresión máxima contra os seus intereses... 

Por unha Sanidade pública, de calidade e universal

Dende a Frente Popular Galega queremos amosar o noso apoio á folga xeral sanitaria de 48 horas, así como facer un chamado á cidadanía a participar das mobilizacións convocadas por todo o país para o día 10. Sumámonos á loita pola defensa do noso sistema público de saúde, ben común da cidadanía, acadado grazas ás moitas loitas da clase traballadora, e non cesaremos nesta batalla pola súa... 

Os mineiros ensínannos o camiño

No día de onte, as concas mineiras de Asturies, Aragón e León volveron vivir unha xornada histórica de loita en defensa do traballo e da sustentabilidade económica, postos en perigo polo proxecto de Orzamentos que agora está a debater o Senado. Segundo a información que transmiten as organizacións sindicais os paros nas comarcas ligadas á extracción do carbón rozou o 100%, algo que ...