Inicio » Movemento obreiro

O deserto da soberanía: rescates bancarios e miseria social

A situación de emerxencia nacional que vive a nación galega, polo seu enteiro, atravesada profundamente pola crise sistémica que o conxunto da economía planetaria está a vivir como unha conmoción, mesmo alí onde se entretecía un sistema de “benestar” izado sobre as e os desposuídos da Terra, está a se agravar diante das últimas decisións políticas que o Goberno central está a adoptar... 
Etiquetas: , , ,

Fronte á represión sindical no Metal

Desde a FPG desexamos comunicar a nosa solidariedade cos dirixentes sindicais do Metal que están a ser xulgados estes días, nunha manobra política de criminalización e represión da loita obreira e do libre exercicio de folga. Transmitimos o noso rexeitamento á condena de prisión para Antolín Alcántara, secretario de Negociación Colectiva da CIG e para Ramón Sarmiento, responsable comarcal... 

A Conferencia Nacional ante o proceso constituínte dun novo referente político

O pasado sábado 12 de maio tivo lugar en Redondela unha Conferencia Nacional da Frente Popular Galega na que saíu reforzada a aposta pola construción dun novo referente político amplo en defensa dos interes das clases populares galegas. A nosa militancia recoñeceu a validez da proposta dos grupos comarcais e locais de base arredor do que se vén chamando “Novo Proxecto Común”... 

O futuro do socialismo en Galiza e no mundo

A partir de mañá mércores terán lugar na cidade de Vigo as primeiras xornadas comunistas organizadas pola nosa formación xunto ao colectivo de mocidade ADIANTE. Para esta primeira edición, a temática de fondo das palestras será o futuro do socialismo, tanto a niven nacional como global. O mércores 9 de maio ás 18:30 abrirá as xornadas a secretaria de organización de ADIANTE, Laura Sousa,... 

Voceiro da FPG no 1º de Maio

Con motivo do 1º de Maio, a FPG edita un voceiro propio que será repartido nas mobilizacións das centrais sindicais nacionais  e de clase. Agardamos que sexa de interese e contribúa a crear as condicións, como titula a capa, dunha “mobilización sostida e integradora”. Podedes descargalo nesta ligazón, ademais de dispoñer del directamente en formato de fácil lectura: [issuu width=420... 

Comezamos unha mobilización sostida

O pasado 29 de Marzo, as e os activistas da FPG fomos parte do que debe converterse nunha resistencia sostida no tempo e firme en principios. Non albiscamos outro futuro posible para as clases traballadoras galegas diante da ofensiva constante do sistema en crise. Estivemos nos preparativos previos, distribuíndo o material de propaganda, facendo palestras e asembleas coa veciñanza e nos centros... 

Comportármonos á altura dos tempos e do pobo

Deben ser días estes de traballo incansable e axitación permanente de rúa para todo o activismo da esquerda transformadora galega. Reclámao o momento histórico no que nos atopamos. Nunca nas últimas tres décadas a regresión de dereitos atinxiu a tantos intereses diferenciados nas clases subalternas. Na FPG, cuxa militancia integra activamente as bases das dúas centrais sindicais nacionais,... 
Etiquetas: , ,

Boletín informativo arredor da folga xeral

Con motivo da folga xeral convocada para o vindeiro 29 de Marzo, as organizacións CN de Marín, FOGA, PCPG e FPG veñen de tirar un boletín informativo chamando a secundar activamente esta xornada de loita e mobilización nas rúas. O boletín preséntanos un cadro sintético do que a reforma laboral virá significar, no que queda ás claras a grave desprotección das clases populares nesta nova... 
Etiquetas: , ,

Perante a convocatoria de Folga Xeral o 29 de Marzo

O pasado 10 de Febreiro o Goberno do PP aprobaba por decreto a reforma laboral máis agresiva desde a fin do réxime franquista. Un recorte de dereitos á clase traballadora que, continuando a rota iniciada polo Goberno de Zapatero, supón un salto de grande magnitude cara unha situación de desequilibrio total nas relacións laborais, deixando ás persoas traballadoras en situación de desprotección... 

Palestra en Marín sobre os recortes en sanidade e servizos sociais

O vindeiro xoves 2 de febreiro, o Colectivo Nacionalista de Marín e a Frente Popular Galega de Pontevedra organizamos unha palestra sobre a actual ofensiva de recortes na sanidade e os servizos sociais. Perante o brutal ataque da oligarquía española contra as conquistas da clase traballadora desde as nosas respectivas organizacións cremos que é o momento de sumar forzas para a mobilización....