Inicio » Movementos sociais

24 de outubro: Folga Xeral do ensino!

O 24 de outubro está convocada unha Folga Xeral do ensino contra a LOMCE na que participan todos os sectores educativos, desde o profesorado ao alumnado, así como pais e nais. O obxectivo común é a defensa da Educación coma un dereito básico de tod@s @s galeg@s, e polo tanto público, galego e de calidade. A educación no sistema capitalista contén unha contradición latente: por unha banda,... 

O deserto da soberanía: rescates bancarios e miseria social

A situación de emerxencia nacional que vive a nación galega, polo seu enteiro, atravesada profundamente pola crise sistémica que o conxunto da economía planetaria está a vivir como unha conmoción, mesmo alí onde se entretecía un sistema de “benestar” izado sobre as e os desposuídos da Terra, está a se agravar diante das últimas decisións políticas que o Goberno central está a adoptar... 
Etiquetas: , , ,

A Conferencia Nacional ante o proceso constituínte dun novo referente político

O pasado sábado 12 de maio tivo lugar en Redondela unha Conferencia Nacional da Frente Popular Galega na que saíu reforzada a aposta pola construción dun novo referente político amplo en defensa dos interes das clases populares galegas. A nosa militancia recoñeceu a validez da proposta dos grupos comarcais e locais de base arredor do que se vén chamando “Novo Proxecto Común”... 

Clasismo e racismo empodéranse na Sanidade pública

O martes 24 de abril saíu publicado no BOE o “Real Decreto Lei de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do sistema nacional de Saúde”. A gravidade destas medidas aprobadas é extrema e, á marxe do chamado repagamento, atenta contra a universalidade na atención. A partir de agora, os usuarios e usuarias da Sanidade pública teremos que pagar se necesitamos ortopróteses ambulatorias,... 

Comezamos unha mobilización sostida

O pasado 29 de Marzo, as e os activistas da FPG fomos parte do que debe converterse nunha resistencia sostida no tempo e firme en principios. Non albiscamos outro futuro posible para as clases traballadoras galegas diante da ofensiva constante do sistema en crise. Estivemos nos preparativos previos, distribuíndo o material de propaganda, facendo palestras e asembleas coa veciñanza e nos centros... 

Respostas á catástrofe nas Fragas do Eume

A Frente Popular Galega daba á luz, en setembro do ano 2010, o documento Os incendios forestais en Galiza, que cuestiona as erróneas políticas de combate de incendios forestais que os diversos gobernos da Xunta de Galiza desenvolveran até a altura, tratando de que esta achega humilde e necesaria servise para unha reflexión colectiva sobre unha problemática que transcende o puntual para se... 

Boletín informativo arredor da folga xeral

Con motivo da folga xeral convocada para o vindeiro 29 de Marzo, as organizacións CN de Marín, FOGA, PCPG e FPG veñen de tirar un boletín informativo chamando a secundar activamente esta xornada de loita e mobilización nas rúas. O boletín preséntanos un cadro sintético do que a reforma laboral virá significar, no que queda ás claras a grave desprotección das clases populares nesta nova... 
Etiquetas: , ,

50 aniversario da da 2ª Declaración da Habana

En 1962 co obxectivo de illar a Cuba, aprobouse na Oitava Reunión de Consulta de Cancilleres da OEA, celebrada en Uruguay, a exclusión de Cuba da OEA co argumento de que o socialismo era incompatíbel co sistema americano. O 4 de febreiro de 1962 como resposta a esta decisión da OEA, ás presións de EEUU e a unha campaña internacional en contra de Cuba, Fidel Castro pronunciou un discurso... 

A FPG apoia a mobilización de mañá no Carballiño

A finais do ano 2009 o novo goberno do PP na Xunta anunciaba a creación dunha macroplanta de residuos con incineración para a acumulación e queima de todo o lixo do sul galego, é o que se deu en chamar a “SOGAMA 2”. En xaneiro do 2011 o Consello da Xunta aprobaba o Plan de Residuos 2010-2020 (xa adiantado en maio do 2010 a través dun documento de inicio) cun orzamento de pouco máis de 500... 

Volve a Biblia ao Código Penal

Se para o PSOE a esquerda se limita á ampliación dos dereitos dos grupos sociais excluídos por razóns de xénero ou opción sexual, para o PP o papel da dereita consiste en recuperar os vellos valores tradicionais que podemos resumira nunha palabra: patriarcado. Así, volve a serlle expropiado ás mulleres o dereito a decidir sobre o seu propio corpo e a súa sexualidade con argumentos máis...