Inicio » Estatais 2011
A FPG prosegue coa campaña perante o 20N
Na recta final da campaña electoral, na FPG continuamos a difundir a nosa mensaxe perante as vindeiras eleccións ás Cortes Xerais do Estado español.
Aínda que a nosa formación non vaia estar presente nos colexios electorais o domingo, como suxeito político activo do noso pobo, non consideramos oportuno permanecer calad@s perante a ficción lexitimadora da democracia burguesa.
Durante esta campaña...
Gañe quen gañe, o pobo traballador galego perde
O vindeiro 20 de novembro terán lugar as eleccións ao Parlamento español nun contexto de crise sistémica irreversíbel. Os últimos anos demostraron a ineficacia da socialdemocracia e o seu servilismo ao Capital e aos seus órganos de decisión. Os galegos e as galegas afrontamos estes comicios electorais baixo o bipartidismo institucionalizado -e ben atado na transición borbónica- e a complicidade...