Inicio » Posts tagged with "17M"
A FPG aposta polo monolingüísmo social do galego
Vivimos nun país conquistado, a introdución do español no noso país é o resultado dese proceso de conquista no que a imposición da lingua allea se fixo ás veces por medios expresamente violentos, como durante o franquismo, e outras por medios máis sutís pero igualmente efectivos, como na época actual.
Na Frente Popular Galega pretendemos darlle a volta a este proceso histórico de asimilación...