Inicio » Posts tagged with "autodeterminación"
Comunicado do Comité Central sobre a Conferencia Nacional
Despois de levarmos a cabo unha Conferencia Nacional o pasado día 4 na cidade de Compostela, dende a FPG facemos pública a decisión e os pasos a seguir ao respecto:
1º.- Dar a coñecer a resolución da Conferencia Nacional , na que acordamos deixar de ter presenza e representación nos órganos de Causa Galiza, desvencellándonos dos posicionamentos e das decisións organizativas e políticas acordadas...
Hora da política en Euskadi
Se até o de agora o Estado español reducira o problema da cuestión nacional vasca a un asunto policial, o cese definitivo da actividade armada decretado por ETA nos últimos días obrígao, de novo, a considerar a lexítima aspiración do pobo vasco á autodeterminación como o que sempre foi en realidade: unha cuestión política. Chegou a hora de tratar este asunto nos parlamentos, non nas comisarías....
A FPG apoia alternativa autodeterminista frente unha posíbel reforma estatutaria
O pasado sábado 18 de decembro a FPG participou no Pazo da Cultura de Pontevedra no acto convocado pola plataforma Causa Galiza no que se asinou o compromiso de diferentes organizacións e colectivos políticos, culturais, da mocidade e sindical coa autodeterminación nacional do pobo galego. Neste acto presentáronse 8 puntos básicos, baixo o nome de Acordo Democrático Nacional (ADN), como alternativa...