Inicio » Posts tagged with "crise"
Mulleres, loitemos polo noso!
Este ano, con motivo do Día Internacional das Mulleres, celebrarase unha manifestación nacional o día 11 de marzo en Compostela baixo o lema “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos”. Sairá ás 12:00h. dende a estación do tren e rematará cun concerto na Praza da Quintana. Esta mobilización, que se presentou en rolda de prensa o pasado martes 14 de febreiro, está organizada a nivel...
Enfrontarse á crise da débeda en Europa
Un dos avatares da crise do sector financeiro que comezou en 2007 en Estados Unidos, e que se estendeu como regueiro de pólvora en Europa, é a enerxía que despregaron os bancos do oeste europeo (sobre todo alemáns e franceses[1], pero tamén belgas, holandeses, británicos, italianos, luxemburgueses, irlandeses…) para utilizar os fondos prestados ou doados masivamente pola Reserva federal e o...
Grecia en folga! Primeiro día
A terza feira 28 de xuño comezou a folga xeral de 48 horas contra o novo pacote de medidas antipopulares que está en discusión que se aprobará posibelmente a cuarta feira 29 de xuño pola maioría parlamentar que ten o partido socialdemócrata gobernante, o PASOK.
O grupo parlamentar do KKE solicitou a realización dunha votación nominal do proxecto de lei, mentres o orador principal do KKE, N....
De reformas económicas e beneficios empresariais. Noticias para un relato da crise
Empresas multinacionais que, nun contexto de crise económica, pulverizan todos as marcas de obtención de beneficios. Executivos destas grandes compañías que mentres apoian reformas que abaratan o despedimento sóbense o soldo. Gobernantes que viaxan por todo o mundo, acompañados polos maiores empresarios, para asegurar os negocios das compañías transnacionais que teñen a súa sede [neste] país....
A crise de Europa e as alternativas da esquerda
O texto que segue rematouse de escribir o día 1 do pasado mes de xullo. Agora, tras cinco meses, cólgase na Internet, despois de ser publicado na revista italiana Senza Censura N. 33, correspondente ao outono-inverno de 2010-11. Como se verá, preferín centrarme en problemas teóricos e históricos apenas debatidos polas esquerdas porque acho que tamén debemos elaborar unha explicación superior...