Inicio » Posts tagged with "feminismos"

Se nos tocan a unha, tócannos a todas!!!!

Na data do 25 de novembro as mulleres organizadas decidimos conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia cara as Mulleres, en memoria das Irmáns Mirabal, nas que proxectamos tamén a memoria de moitas compañeiras que diariamente, a cada minuto, a cada segundo, padecen a violencia do patriarcado. Mais que teñamos marcado no calendario unha data “conmemorativa” non significa que a nosa... 

Mulleres libres na matria liberada

Nos arredores do Día da Matria, as organizacións ADIANTE e FPG organizamos as I Xornadas “Mulleres libres na matria liberada”, o luns 23 de xullo na Praza da Oliveira (Compostela). Nunha data tan importante coma esta, na que reclamamos o dereito á independencia, coidamos importante tamén lembrar que as mulleres vemos roubada a nosa soberanía día tras día e en múltiples ámbitos: o dereito... 

Mulleres galegas en loita denuncia o oportunismo dos sindicatos españolistas

Ao escoitarmos a data 8 de marzo, evocamos unha historia na que máis de cen mulleres arderon en Nova Iorque dentro dunha fábrica téxtil onde as traballadoras estaban encerradas para protestar polas súas condicións laborais. Sabemos do conmovedor deste relato mais tamén sabemos que o Día Internacional das Mulleres non nace aí, e que hai outro relato que a Historia se resiste a amosar: a marcha... 

Mulleres, loitemos polo noso!

Este ano, con motivo do Día Internacional das Mulleres, celebrarase unha manifestación nacional o día 11 de marzo en Compostela baixo o lema “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos”. Sairá ás 12:00h. dende a estación do tren e rematará cun concerto na Praza da Quintana. Esta mobilización, que se presentou en rolda de prensa o pasado martes 14 de febreiro, está organizada a nivel... 

Volve a Biblia ao Código Penal

Se para o PSOE a esquerda se limita á ampliación dos dereitos dos grupos sociais excluídos por razóns de xénero ou opción sexual, para o PP o papel da dereita consiste en recuperar os vellos valores tradicionais que podemos resumira nunha palabra: patriarcado. Así, volve a serlle expropiado ás mulleres o dereito a decidir sobre o seu propio corpo e a súa sexualidade con argumentos máis... 

Nin unha morte máis coa complicidade do sistema

Onte voltamos saír á rúa porque, onte, un machista volveu exercer a súa violencia. Onte os movementos feministas mobilizáronse polo asasinato dunha compañeira . Onte aquela parte do tecido social, sindical e político que é servo do capitalismo, volveu ser cómplice, porque este sistema que defende perpetúa e xustifica a violencia, xera a exclusión das mulleres e fomenta a dominación do patriarcado. Ningún... 

25 de Novembro, día internacional contra a violencia machista

O 25 de Novembro de 1960 na República Dominicana rexistrouse o asasinato das activistas políticas as irmás Mirabal  a mans do  ditador Trujillo.  En 1981, celebrouse en Bogotá o  Primeiro  Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu  marcar esta data como o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, lembrando o asasinato das irmás Mirabal. En 2012, o modelo...