Inicio » Posts tagged with "irixo"
A FPG apoia a mobilización de mañá no Carballiño
A finais do ano 2009 o novo goberno do PP na Xunta anunciaba a creación dunha macroplanta de residuos con incineración para a acumulación e queima de todo o lixo do sul galego, é o que se deu en chamar a “SOGAMA 2”.
En xaneiro do 2011 o Consello da Xunta aprobaba o Plan de Residuos 2010-2020 (xa adiantado en maio do 2010 a través dun documento de inicio) cun orzamento de pouco máis de 500...
A veciñanza do Irixo fronte á incineradora
O proxecto da Xunta de autorizar a construcción dunha planta icineradora no municipio ourensán do Irixo coa complicidade do alcalde de dita localidade é unha mostra máis da xestión medioambiental do goberno de Feijóo, baseada nos rendementos a curto prazo e na rede caciquil de favores. Estes gobernantes chantaxean con promesas de creación de emprego obviando deliberadamente que esta instalación,...