Inicio » Posts tagged with "loita municipal"

Presentación da candidatura da Alternativa Canguesa de Esquerdas

O venres 6 de maio a Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) fará a presentación pública da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio así como dará a coñecer o seu programa electoral. O acto terá lugar a partir das 20h00 na Casa da Cultura de Cangas do Morrazo. Estades todas e todos convidadas/os!  Ler máis →
Etiquetas: ,

DIANTE DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS: TEMPO de COMPROMISO

Estamos seguramente ante unha encrucillada histórica. Ao maior ataque contra os dereitos e conquistas das traballadoras e traballadores dos últimos 50 anos hai que sumar o terríbel acoso que está sufrindo a nosa identidade nacional así como tamén a aceleración na destrución do noso medio natural. Quen asinamos este documento entendemos que non só é preciso enfrontar a grave situación que... 
Etiquetas:

Un novo plan

Documental sobre urbanismo realizado pola Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) en 2007. 1/3 [tube]Cq4x5Bfdpfs[/tube] 2/3 [tube]JPyi5Xi9GeM[/tube] 3/3 [tube]iYItjj1ENTM[/tube]  Ler máis →
Etiquetas: ,

Mesa redonda sobre urbanismo en Redondela

O Comité Local de Redondela da Frente Popular Galega organiza o próximo xoves 24 de febreiro unha mesa redonda baixo o título Urbanismo e Especulación. Massó: Semente do poder veciñal. Na mesma participarán o membro do Foro Social en Defensa do Pobo de Cangas Antón Fernández Cordeiro, o ex-concelleiro de urbanismo de Cangas pola Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) e Secretario Xeral da... 

Massó ou o cabalo de Troia (traxedia en tres actos)

Este é un post especial pra amantes do BNG. Estaría ben que as persoas sensatas que poidan habitar este partido reflexionasen sobre o xeito de actuar dos seus representantes en Cangas e no feito de que Clara Millán non teña máis oficio coñecido que vivir do partido, cuestión que sempre me pareceu moi perigosa pra a integridade ideolóxica. En definitiva, esta é unha historia de traizón dende... 

Acto político e cultural en Redondela

Mañá, sábado 29 de xaneiro, a Frente Popular Galega organiza en Redondela o acto político-cultural “Memoria e República, centro de todos os mundos posíbeis” que contará co recital de poetas do colectivo socio-cultural Redes Escarlata ás 21:00 horas e co concerto do cantautor-punk Leo i Arremecághona ás 22:00 horas. O acto terá lugar na Disco Tasca, situada na Rúa Pai Crespo...