Inicio » Posts tagged with "patriarcado"
A agresividade patriarcal
O goberno decidiu tomar, co pretexto da crise, medidas de ataque contra a maioría social: á clase traballadora, ao estudantado, á mocidade, ás persoas dependentes… E, como non, a agresividade patriarcal é tamén parte fundamental destas medidas.
A Lei de Familia constitúe un ataque frontal á nosa soberanía; unha forma encuberta de Reforma Laboral que pretende meternos de novo na casa....
Mulleres, loitemos polo noso!
Este ano, con motivo do Día Internacional das Mulleres, celebrarase unha manifestación nacional o día 11 de marzo en Compostela baixo o lema “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos”. Sairá ás 12:00h. dende a estación do tren e rematará cun concerto na Praza da Quintana. Esta mobilización, que se presentou en rolda de prensa o pasado martes 14 de febreiro, está organizada a nivel...
Volve a Biblia ao Código Penal
Se para o PSOE a esquerda se limita á ampliación dos dereitos dos grupos sociais excluídos por razóns de xénero ou opción sexual, para o PP o papel da dereita consiste en recuperar os vellos valores tradicionais que podemos resumira nunha palabra: patriarcado.
Así, volve a serlle expropiado ás mulleres o dereito a decidir sobre o seu propio corpo e a súa sexualidade con argumentos máis...
Recortes de Rajoy: as mulleres cargan coa peor parte
Moitas análises puxeron de relevo que os custos da crise e das políticas que veñen aplicando os gobernos ao servizo da banca e das grandes empresas, como en España, recaen principalmente sobre as clases traballadoras.
Con todo, adóitase conceder moita menos importancia ao feito de que o fan dunha forma moi particular sobre as mulleres traballadoras e sobre as mulleres en xeral, estean ou...
Nin unha morte máis coa complicidade do sistema
Onte voltamos saír á rúa porque, onte, un machista volveu exercer a súa violencia. Onte os movementos feministas mobilizáronse polo asasinato dunha compañeira .
Onte aquela parte do tecido social, sindical e político que é servo do capitalismo, volveu ser cómplice, porque este sistema que defende perpetúa e xustifica a violencia, xera a exclusión das mulleres e fomenta a dominación do patriarcado.
Ningún...
25 de Novembro, día internacional contra a violencia machista
O 25 de Novembro de 1960 na República Dominicana rexistrouse o asasinato das activistas políticas as irmás Mirabal a mans do ditador Trujillo. En 1981, celebrouse en Bogotá o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar esta data como o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, lembrando o asasinato das irmás Mirabal.
En 2012, o modelo...