Inicio » Posts tagged with "represión"

Fronte á represión sindical no Metal

Desde a FPG desexamos comunicar a nosa solidariedade cos dirixentes sindicais do Metal que están a ser xulgados estes días, nunha manobra política de criminalización e represión da loita obreira e do libre exercicio de folga. Transmitimos o noso rexeitamento á condena de prisión para Antolín Alcántara, secretario de Negociación Colectiva da CIG e para Ramón Sarmiento, responsable comarcal... 

A FPG participou na mobilización histórica da esquerda abertzale

Este pasado 7 de Xaneiro unha delegación da Frente Popular Galega estivo presente como convidada na histórica mobilización convocada por Egin Dezagun Bidea en Bilbo baixo a lenda Kolosala Izango Da. Máis de 110.000 manifestantes, nun xesto de solidariedade sen precedentes -segundo nos comentaron os e as compañeiras da esquerda abertzale-, reclamaron que se respecten os dereitos fundamentais das... 

Comunicado do Comité Central da FPG

A FPG diante dos feitos represivos acontecidos en Galiza quere manifestar: Condenamos o uso político das forzas policiais para criminalizar ao independentismo de esquerdas e ao tecido asociativo. Non aceptamos a lexitimidade dos corpos represivos e das institucións xudiciais herdeiras do franquismo como a “Audiencia Nacional”. Queremos denunciar unha vez máis o noso rexeitamento... 

Hora da política en Euskadi

Se até o de agora o Estado español reducira o problema da cuestión nacional vasca a un asunto policial, o cese definitivo da actividade armada decretado por ETA nos últimos días obrígao, de novo, a considerar a lexítima aspiración do pobo vasco á autodeterminación como o que sempre foi en realidade: unha cuestión política. Chegou a hora de tratar este asunto nos parlamentos, non nas comisarías.... 

Dous novos traballadores detidos

A Garda Civil detén ao Secretario Comarcal da CUT de Vigo e a un militante de ADIANTE Na mañá do 9 de marzo, o corpo paramilitar español da Garda Civil detivo ao Secretario Comarcal de Vigo da CUT Telmo Varela. Horas despois, xa pola tarde, foi detido o mozo traballador do metal e militante de ADIANTE Iussa Prado. Desde a Frente Popular Galega amosamos toda a nosa solidariedade cos dous sindicalistas,... 
Etiquetas:

Paremos a represión ao movemento obreiro

A FPG forma parte do Comité de Solidariedade con Miguel, que celebrou a primeira xuntanza o pasado xoves 13 de xaneiro no local sindical da CUT en Vigo. As dúas primeiras accións aprobadas foron levar a cabo concentracións os primeiros martes de cada mes no mercado do Calvario, sendo a primeira delas o martes 1 de febreiro ás 20 horas. Por outra banda acordouse unha marcha á prisión de A Lama... 
Etiquetas:

Solidariedade cos mozos represaliados por defenderen o galego

Dous mozos independentistas, un deles militante da mocidade comunista de ADIANTE, van ser xulgados en poucas semanas -baixo ameaza de 8 anos de prisión- por teren participado hai dous anos nunha concentración popular en repulsa a un acto galegófobo e supremacista do grupúsculo ultradereitista Galicia Bilingüe. Dúas ducias de activistas a prol do galego poden ser multados até con 60.000 € por... 
Etiquetas: , ,