Inicio » Posts tagged with "Vigo"
O futuro do socialismo en Galiza e no mundo
A partir de mañá mércores terán lugar na cidade de Vigo as primeiras xornadas comunistas organizadas pola nosa formación xunto ao colectivo de mocidade ADIANTE.
Para esta primeira edición, a temática de fondo das palestras será o futuro do socialismo, tanto a niven nacional como global.
O mércores 9 de maio ás 18:30 abrirá as xornadas a secretaria de organización de ADIANTE, Laura Sousa,...
[Vigo] Conflitos partidistas prexudican o pobo
Aproveitamos estas necesarias chuvias de abril para facer público o seguinte comunicado.
Desde a FPG afirmamos que o pobo de Vigo é vítima dos intereses partidistas de PSOE e PP e das leas que deles derivan. Un exemplo palpable témolo no saneamento das nosas rúas. As inundacións que cada vez que chove temos que sufrir os veciños de lugares como Balaídos ou Santiago de Vigo, por pór dous exemplos,...
[Vigo] O que a FPG entende por unha estación intermodal en Vigo
O pasado 12 de marzo a Frente Popular Galega da Comarca de Vigo presentamos ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado as nosas alegacións arredor da futura estación de tren da nosa cidade.
Nelas contemplamos o futuro da estación do tren en Vigo como un paso máis no proxecto global de favorecer as comunicacións entre os veciños de Vigo, Baixo Miño, norte de Portugal e o Morrazo, xunto con...
[Vigo] Pola municipalización dos servizos básicos
A FPG clama por un transporte urbano xusto, efectivo e de calidade para Vigo. Tamén traballa a prol dunha mobilidade sustentábel, por uns medios de transporte colectivos eficientes e de calidade, un servizo público básico, social e vertebrador da cidade para o traslado das persoas.
Reivindicamos un sistema de transporte que lle dea resposta ás necesidades de mobilidade de toda a poboación,...
[Vigo] Contra o peche do Arquivo Pacheco
Prodúcese, máis unha vez, a clausura do ARQUIVO PACHECO, doutra volta dependendo dun cambio de goberno municipal. Dita actitude priva ao pobo de Vigo da utilización do inmenso arquivo, ficando, desta maneira, conxelados proxectos que van desde o simple lecer á investigación académica. Outra vez, a cultura é privada ou non é.
Quedan pois para o recordo, exemplos do bo traballo realizado por...
Valoración do Comité Comarcal da FPG de Vigo das municipais en Redondela e Vigo
Non é a Frente Popular Galega un Partido meramente electoralista. Na actual fase da loita, entendemos os procesos electorais burgueses como unha ferramenta máis para avantar no camiño de crear as condicións obxectivas que permitan levar a bo porto o proceso de emancipación nacional e de clase no que estamos embarcados desde hai décadas. Antes que o confronto electoral desigual e inxusto, sabemos...
Mitin central da campaña en Vigo
O mércores 18 de maio ás 20:00 horas, na Federación de AA. VV. de Vigo “Eduardo Chao” (Pza. Princesa, nº 7 – 2º andar), terá lugar o mitin central da candidatura da Frente Popular Galega (FPG) ao Concello de Vigo.
No mesmo intervirán Anxo Angueira Viturro (nº 13), como presentador do comicio, e as candidatas e candidatos Xosé Lois Romero Falque (nº 7), Francisco Sampedro Ojeda (nº...
A FPG propón o traslado da Universidade ao centro de Vigo
A candidatura da Frente Popular Galega ao Concello de Vigo volve facer unha proposta programática orixinal na metade da campaña, tal como aconteceu na de hai catro anos coa idea de converter o Museo do Verbum no que a FPG deu en chamar o Tiro das Artes. E é que, por vez primeira, unha candidatura viguesa aposta polo paulatino traslado da Universidade de Vigo desde Lagoas-Marcosende ao centro da...
Programa electoral da FPG en Vigo
A Frente Popular Galega REXEITA O ACTUAL PLAN XERAL por especulativo, por non responder ás necesidades do pobo de Vigo, polas dúbidas que sementou ao seu redor, por tentar legalizar o ilegal para tapar así construcións que se verían abocadas ao derrube por non se axeitar á lei vixente, por destruír o noso medio rural (riqueza en perigo de extinción). Os tres partidos da corporación PP-BNG-PSOE...
Roubar en Vigo
Camiñando polas rúas da nosa cidade, a cidade de Vigo, a Porta do Atlántico, a cabeceira de Turonio, o motor nacional, -ou calquera outra etiqueta de falsa autocompracencia colectiva-, é moi común atopar valados megalómanos, cartaces de grandes dimensións, anuncios a toda páxina e a toda cor na prensa comarcal (escrita, radio e televisión), etc,… lembrándonos “quen fai”...