Inicio » Un

1º de Maio: Día Internacional da Clase Obreira

Dicía o filósofo alemán Walter Benjamin que para a clase obreira todas as situacións son situacións de emerxencia. Logo de case quince anos de crise continuada do Capital, podemos concluír que para o caso da clase obreira galega -sometida a unha dobre explotación, de clase e nacional- o precepto de Benjamin cúmprese por partida dobre. Neste albor da terceira década do século... 

Liberdade para o Sahara

Comunicado do Comité Central da FPG sobre o recoñecemento por parte de España da soberanía Marroquí sobre o Sahara Foto: Getty Images Poucos días despois de que Pedro Sánchez lle enviase armas a Ucraína  baixo o relato de combater a invasión rusa e, no medio da maior campaña de desinformación coñecida desde a II Guerra do Golfo, o mesmo presidente do goberno... 

Nin paz entre clases, nin guerra entre os pobos

Comunicado sobre os acontecementos en Ucraína Os acontecementos en Ucraína poñen de manifesto a necesidade de ordenar as relacións internacionais superando as lóxicas da Guerra Fría. Perante a nova situación bélica, cómpre defender os intereses da clase obreira mundial no marco da solidariedade internacionalista. Porque o proletariado non pode ser carne de canón nunha guerra dirixida... 

Sobre as eleccións en Chile

Coa irrupción de Kast en plena crise política en Chile, celebramos o triunfo electoral de Apruebo Dignidad porque freou a ultradereita e porque garante liberdades políticas formais que posibilitan á clase obreira chilena continuar organizándose. Máis alá desta conxuntura electoral, entendemos que a emancipación da clase traballadora precisa de romper cos marcos do Estado e cos límites... 
Etiquetas: ,