Inicio » Lingua Nacional

A FPG aposta polo monolingüísmo social do galego

Vivimos nun país conquistado, a introdución do español no noso país é o resultado dese proceso de conquista no que a imposición da lingua allea se fixo ás veces por medios expresamente violentos, como durante o franquismo, e outras por medios máis sutís pero igualmente efectivos, como na época actual. Na Frente Popular Galega pretendemos darlle a volta a este proceso histórico de asimilación... 

A loita polo noso idioma debe continuar

Mediante a súa sucursal galega, o tripartito que goberna España (Capital, Monarquía e Vaticano) vén de apertar outra volta o garrote vil contra a lingua. O plan de exterminio deu un paso máis suprimindo axudas á edición e á normalización. A medida supón aínda un salto cualitativo na presidencia de Núñez Feijoo: fica expresa, por un lado, a vontade de aniquilar todo signo de vida editorial;... 
Etiquetas:

Día das Letras Galegas 2006: Na memoria de Lugrís

Celebran as Letras Galegas a figura de Lugrís Freire. Non se conmemora só un escritor, nin un filólogo, nin un home de teatro. Aínda sendo todo iso, Lugrís foi un activista do nacionalismo verdadeiro. Laicista, masón, republicano, Lugrís era sobre todo un traballador a prol da nosa emancipación nacional. Por iso, e polo seu pulo e convicción monolingüística, rendémoslle homenaxe en tempos...