Inicio » Nacional, Solidariedade » A FPG condena a prohibición de actos do Día da Patria en Compostela

A FPG condena a prohibición de actos do Día da Patria en Compostela

Conde Roa e o PP volven mostrar o seu rostro inquisitorial ao prohibir algúns actos do Día da Patria de Causa Galiza e da organización Briga. O PP equivócase se pensa que pode prohibir e vetar espazos públicos para o asociacionismo e colectivos da esquerda soberanista.

O Día da Patria Galega, data asentada desde principios do século pasado, xa ten superado obstáculos maiores que o do aprendiz de fascista Conde Roa, por iso estamos seguros que este novo impedimento do españolismo máis reaccionario non vai conseguir os seus obxectivos de silenciar ao soberanismo galego.

Desde a FPG queremos solidarizarnos cos colectivos afectados e darlles o noso apoio para a reivindicación das rúas de Compostela e dos espazos públicos conquistados durante anos de loita polo nacionalismo e o independentismo galego. Por iso só lle esiximos ao Concello de Compostela que levante a súa prohibición e se retracte polo dano causado aos colectivos afectados.

Non renunciamos á Patria Galega!

Viva Galiza ceibe e socialista!

Etiquetas: