Inicio » Nacional » Comunicado do Comité Central da FPG

Comunicado do Comité Central da FPG

A FPG diante dos feitos represivos acontecidos en Galiza quere manifestar:

  • Condenamos o uso político das forzas policiais para criminalizar ao independentismo de esquerdas e ao tecido asociativo. Non aceptamos a lexitimidade dos corpos represivos e das institucións xudiciais herdeiras do franquismo como a “Audiencia Nacional”.
  • Queremos denunciar unha vez máis o noso rexeitamento absoluto á lei de partidos e ás ameazas de ilegalización de formacións políticas. Denunciamos a totalitaria “lei antiterrorista” que suprime os dereitos humanos máis básicos e permite a dispersión fascista e a extensión ilimitada da prisión incomunicada nun Estado autodenominado de dereito. Manifestamos a nosa solidariedade coas persoas nesta situación de indefensión.
  • O papel xogado polos medios de comunicación de masas, onde parece que xa existiu un xuízo previo e veredicto,  é rexeitábel por calquera demócrata.
  • Marcamos a nosa liña política defendendo os intereses da clase traballadora galega, e apoiando a mobilización xeral na rúa como medio para reverter o estado actual de cousas. A unidade da clase obreira e a loita de masas mediante a folga xeral é a única ferramenta  para pórlle freo á ofensiva do capital.

VIVA A REPÚBLICA GALEGA!

VIVA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA!