O colectivo nacionalista de Marín e a asemblea comarcal da FPG en Pontevedra vimos de editar un boletín informativo conxunto cos recortes provocados pola crise sistémica como temática central.
A partir dun enfoque global, co artigo da capa “Recortes, reforma laboral, crise, conxelación salarial, impostos”, este voceiro pretende desmontar o argumentario neoliberal que fai recaer as consecuencias da inviabilidade sistémica nas clases traballadoras. No apartado de “Sanidade, Ensino e Servizos sociais” damos continuidade a unha campaña conxunta que incluirá o 2 de febreiro unha palestra na biblioteca pública de Marín coa presenza de Xiana López e Diego Leal.
Na última parte deste primeiro boletín do ano, abordamos a denuncia social na nosa contorna máis próxima. A privatización do servizo de xardíns no Concello de Marín, a agonía do Naval e a desfeita ambiental que se prepara nos Montes do Morrazo son as temáticas que destacamos neste número.
Podes descargalo premendo nesta ligazón.










comment closed