Inicio » Posts tagged with "Reboiras"

Que non morreu Reboiras, que está sempre na Patria

Un ano máis desde a Frente Popular Galega lembramos a memoria e o legado de Xosé Ramón Reboiras Noia. Este 12 de agosto cúmprense trinta e oito anos do seu asasinato a mans da policía española. Trinta e oito anos nos que as agresións da oligarquía española e os seus aliados autóctonos contra as clases populares galegas foron unha constante. Trinta e oito anos nos que os ataques contra... 
Etiquetas:

Hai que derrotar á reacción

Un ano máis @s comunistas e patriotas galeg@s homenaxeamos a Xosé Ramón Reboiras Noia no día que caeu abatido por disparos da policía española naquel aciago 12 de agosto de hai trinta e sete anos. Neste 2012 asistimos un día si e outro tamén á maior ofensiva contra a clase obreira e contra o conxunto das clases populares en moitas décadas. Teriamos seguramente que retrotraernos á década... 
Etiquetas: ,

Moncho Reboiras, 36 anos despois do seu asasinato

Un ano máis, o 12 de agosto queremos lembrar a memoria do camarada Xosé Ramón Reboiras Noia. Nun contexto socioeconómico e político no que os proxectos de resistencia, como a FPG, deben actualizar, procurando nas achegas que este mozo obreiro fixo ao movemento nacional-popular galego, os resortes da intelixencia colectiva á hora de poñer en correlación todas as forzas sociais e políticas... 
Etiquetas: ,

Xosé Ramón Reboiras: espello de militantes

PERFIL POLÍTICO Moito se ten falado de Reboiras e poderiamos dicir que todo o dito é tan superficial coma o descoñecemento mesmo que da súa historia e pensamento político teñen aqueles que non tiveron reparos a utilizalo con fins burdos. Moi poucos son os que coñeceron o importante labor que Pepe Reboiras (o de “Moncho” sería posterior) levou a cabo nos intres en que a UPG escomenzaba a... 
Etiquetas: ,

Dispoñíbeis na rede os vídeos da Homenaxe Popular a Moncho Reboiras

A Comisión Moncho Reboiras 35 aniversario vén de colgar na rede un vídeo resumo da Homenaxe Popular que o pasado 7 de agosto organizou á memoria do comunista e patriota galego Xosé Ramón Reboiras Noia, asasinado en Ferrol pola policía española o 12 de agosto do ano 1975:  Ler máis →
Etiquetas:

Moncho Reboiras e o nacionalismo galego

Moncho Reboiras foi un mozo que, como outros moitos, nos últimos anos do franquismo enarborou a bandeira da loita contra un sistema político que reprimía as liberdades e condenaba aos galegos a vivir sen a súa identidade. Nacido en Imo, no ano 1950, trasladouse coa súa familia a Vigo, establecéndose no barrio de Teis, no que os seus pais rexentaban o bar Noia. Alí cursou o bacharelato e enxeñería... 
Etiquetas: ,

Xosé R. Reboiras Noia

Xosé Ramón Reboiras Noia tiña 25 anos cando foi morto a tiros, en desigual combate coas forzas da Policía Armada de Franco, o 12 de agosto de 1975. Pepe Reboiras nacera en Imo, no concello de Dodro. Trasladado cos seus pais a Vigo, pasou a súa mocidade no barrio de Teis, moi cerca dos estaleiros Vulcano e Ascón. Nese mesmo barrio de tradición obreira entra en relación con X. González e outros... 
Etiquetas: ,