Inicio » Liberación nacional, Solidariedade » Polos dereitos civís e políticos

Polos dereitos civís e políticos

O domingo 24 de xaneiro está convocada unha manifestación contra a ilegalización das organizacións políticas e polos dereitos civís e políticos.

Desde a FPG apoiamos esta manifestación que partirá da alameda de Compostela ás 12h, e manifestamos o noso apoio e solidariedade con Causa Galiza, denunciando a persecución política desde o Estado español contra unha organización que viña a desenvolver a súa actividade de maneira pública e legal.

Entendemos como moi perigoso esta medida excepcional e represiva contra unha organización política que, desde o noso punto de vista non lle causa ao noso pobo ningún tipo de temor físico nin terror, porque Causa Galiza non é, evidentemente, unha organización terrorista, nin a súa é unha militancia terrorista.

No ano 2009 o Estado, co PSOE no goberno, intentou a ilegalización da candidatura Iniciativa Internacionalista, xurdindo unha ampla onda de solidariedade galega e no resto do Estado contra a ilegalización desta candidatura da que militancia do noso Partido formaba parte.

Agardamos que a cidadanía galega da que forman parte as xentes de Causa Galiza poidan desenvolver a súa actividade política e o seu activismo social, e o Estado español recúe no seu intento de infrinxir medo a militancia que está a ser perseguida por cuestións políticas.

11227766_926991090710155_7684494627913641379_n

 

Adiante cos dereitos civís e políticos!

 

Galiza, 22 de xaneiro de 2016.