Inicio » Congresos Nacionais

Relatorio político do Congreso

Dispoñibilizamos o Relatorio Político emanado deste Congreso Nacional baixo o lema: Na esquerda, pola fronte ampla  Ler máis →

Congreso Nacional e 25 Aniversario do Partido

O pasado sábado 5 de outubro decorreu na vila mariñeira de Cangas do Morrazo o Congreso Nacional e o 25 aniversario do noso Partido. Pasadas as 10 da mañá botaba a andar o Congreso Nacional da FPG, que comezou coa intervención do noso secretario xeral, Mariano Abalo quen pormenorizou diante do plenario o informe de xestión, aprobado pola unanimidade da militancia. Durante a mañá debateuse o... 

Novo Congreso Nacional da FPG

O próximo sábado 5 de outubro a Frente Popular Galega (FPG) imos celebrar o noso Congreso Nacional en Cangas do Morrazo, baixo o lema “Na esquerda, pola fronte ampla“. O comezo está previsto para ás 10 da mañá, e será no Restaurante O Capitán, situado na Praia de Menduiña (Cangas). Desde a FPG marcámonos este Congreso como a ferramenta que a nosa militancia ten para definir... 

A FPG inicia unha nova etapa tras o seu VI Congreso

No seu VI Congreso celebrado en Redondela baixo o lema “Alternativa comunista”, a Frente Popular Galega analizou as condicións para a construción dun proxecto de liberación nacional, de xénero e de clase nas actuais condicións de crise sistémica capitalista e agravamento da opresión colonial española. Neste sentido, os diversos relatorios aprobados incidiron na necesidade de participar... 
Etiquetas:

O 16 de outubro celebrarase o VI Congreso Nacional da FPG

Xa está todo preparado para a celebración do VI Congreso Nacional da Frente Popular Galega. Baixo o lema Fronte á crise: alternativa comunista o vindeiro domingo reunirase en Redondela o plenario nacional onde as e os militantes da Frente discutirán as principais liñas de intervención que a organización decana da esquerda independentista galega levará adiante nos vindeiros anos. Neste Congreso... 

É tempo de loitar, é tempo de avanzar

                Relatorio aprobado na Conferencia Nacional Política da FPG celebrada o 28 de febreiro de 2010.  Ler máis →
Etiquetas: