Inicio » Nacional » 6 de Decembro: Nada que celebrar

6 de Decembro: Nada que celebrar

No día en que se celebra a Festa da Constitución Española, Anova – Irmandade Nacionalista quere reiterar a convicción de que o benestar da maioría social galega require a plenitude dos dereitos individuais e colectivos como pobo. Afirmamos que na loita social, pero tamén dende as institucións, é preciso pular pola liberdade, igualdade e fraternidade para a cidadanía e polo exercicio da soberanía plena para a nosa nación. Liberación nacional e social son indisociábeis nunha nación sen estado.
A celebración ritual dunha constitución que nos nega como nación nunca foi a nosa festa pero aínda o é menos cando os que se reclaman máis devotos do “patriotismo constitucional” violan a Constitución un día si e outro tamén en todo o que ten que ver co estado social, do cal as prescripcións máis relvantes foron derrogadas hai tempo.

Galiza, 5 de decembro de 2012.

Texto tirado da web de Anova – Irmandade Nacionalista