Inicio » Nacional, Feminismo » Todas as mulleres, todos os dereitos, todos os días

Todas as mulleres, todos os dereitos, todos os días

As mulleres organizadas contra o sistema patriarcal e capitalista convocamos unha manifestación unitaria baixo o lema Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos


O próximo sábado 9 de marzo ás 12:30hs, a Frente Popular Galega xunto con compañeiras dos colectivos feministas, sociais, sindicais e políticos, sairemos desde a estación de trens de Compostela, por segundo ano, para tomar as rúas e esixir o fin da opresión en todas as súas formas e reivindicando a igualdade coma un ben de primeira necesidade.

Para nosoutras todos os días son 8 de Marzo, xa que día a día resistimos e loitamos por unha sociedade xusta e igualitaria; mais o rexeitamento nas rúas, en datas tan sinaladas coma o Día Internacional das Mulleres, faise máis necesaria que nunca para visibilizar a nosa raiba por mor das políticas criminais que nos agreden constantemente.

Desde a secretaría das mulleres da FPG facemos unha chamada de emerxencia a toda a sociedade, precisamos todas e todos continuar a loita, non merecemos este sistema e ningún outro que nos silencie e invisibilice.

Este sábado compartamos a nosa furia, fagámonos escoitar.

Loita e raiba, o feminismo ataca!!!

Manifesto Mulleres Galegas En Loita Polos Nosos Dereitos