Estanse convocando manifestacións ás 20 horas en todas as cidades en demanda da convocatoria dun referendo para decidir sobre a sucesión de Felipe VI.
Na Coruña será no Obelisco, perante a Delegación do Goberno español. En Compostela, no Toural. En Ferrol, na Praza do Himno Galego. En Vigo, diante do MARCO. En Ourense na Praza Maior. En Lugo na Praza Maior, perante a Casa do Concello. En Pontevedra na Praza da Peregrina. En Vilagarcía, na Praza de Galiza. En Ribeira diante da Casa do Concello. En Foz no Parque Conde Fontao. En Xinzo, na Praza Maior. En Cee, na Praza 8 de Marzo.
É a hora do pobo! É a hora da República Galega!