Inicio » Movementos sociais » Pan, Traballo e Teito. A nosa dignidade é imparábel.

Pan, Traballo e Teito. A nosa dignidade é imparábel.

Outra volta máis volvemos saír as rúas pola nosa dignidade. Unha vez máis queremos manifestarnos polos nosos dereitos  máis elementais que foron mil veces pisoteados, e debémolo facer de maneira unitaria e coordinada. Fixémolo no 22 de marzo en Madrid, onde converxeron forzas da esquerda de todas as tradicións, converténdose nunha data  xa referencial no camiño da ruptura co réxime bipartidista e capitalista español.

Unha vez máis sairemos ás rúas, e de novo estamos obrigados na esquerda a converxer na orientación da nosas forzas e loitas contra un réxime que está podre e debe ser superado.

O 6N será o comezo do camiño ao Obradoiro para converter o 29N nunha nova data referencial neste camiño de acumular forzas e loitas na clase traballadora e na unidade popular para superar o sistema, e comezar un proceso constituinte propio, que nos acerque a ese horizonte de República Galega, socialista, independente e feminista para o Pobo galego.

O 6n e o 29N tod@s a rúa pola nosa Dignidade! Esiximos Pan,Traballo e Teito!

pantraballoteito

www.marchasdadignidade.blogspot.com

lugar e hora das convocatorias do #6N

FERROL: 18h30 desde o Monumento do 10 de marzo.

PONTEVEDRA: 19h30 desde a Pasarela.

VIGO: 20h dende a Praza Fernando O Católico.

SANTIAGO: 20h desde a Porta do Camiño.

OURENSE: 20h desde o Pavillón dos Remedios.

A CORUÑA: 20h desde a Praza de Portugal.

LUGO: 20h dense a Ronda da Muralla (edificio da Xunta).