Inicio » Comarcal

Moncho Reboiras, o futuro é noso!

Cando se cumpren 41 anos do asasinato do patriota galego Moncho Reboiras a mans da policía española, dende as expesións organizativas do comunismo independentista queremos poñer en valor a figura daquel mozo obreiro e combativo nacido en Imo, formado en Vigo e asasinado en Ferrol, como referente rebelde e exemplar para as xeracións actuais e futuras. Xusto nestes momentos nos que a mocidade... 

Moncho Reboiras: Semente de vencer

Este ano, a Frente Popular Galega e a organización da mocidade comunista XEIRA, celebraremos un acto popular de lembranza e homenaxe dunha figura central da nosa historia recente e imprescindíbel para entender o momento histórico en que vivimos. Na súa persoa conflúen o mellor da loita de emancipación social das clases traballadoras coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa... 

[Pontevedra] Máis un ano en Pontevedra dicimos NON ás touradas

A Frente Popular Galega apoia novamente a mobilización que o vindeiro sábado 10 de agosto ás 20h partirá desde a Praza da Peregrina de Pontevedra cos lemas TOURADAS FORA DE PONTEVEDRA!, A TORTURA NEN ARTE NEN CULTURA, e chamamos a todos os homes e mulleres «boas e xenerosas» da nosa comarca para apoiaren esta importante iniciativa contra a tortura e o maltrato animal e por unhas festas populares... 
Etiquetas:

Adiante convoca manifestación o sábado 15, ás 19 horas, desde a Praza Roxa de Compostela

«O desemprego, os desafiuzamentos, a precariedade, a privatización do ensino e da sanidade, o desmantelamento dos servizos públicos, o establecemento da familia hetero-patriarcal como patrón social, o endurecemento do Código Penal, a represión, os ataques e a negación dos dereitos das mulleres, das migrantes, da clase traballadora, dos pobos… Se hai algo que está claro é que este sistema... 

Pontevedra libre de touradas

Un ano máis a cidade de Pontevedra volve ser escenario na nosa comarca para a celebración desa españolada do horror e o sangue que son as touradas. Un ano máis, pois, Pontevedra volverá ser escenario de mobilizacións a prol da vida e da liberdade exixindo o cesamento inmediato destas actividades que aliás son totalmente alleas non só á cultura e tradicións da nosa comarca, mais tamén ás... 

[Compostela] Roberto Vidal Bolaño en Compostela

Se o Concello de Santiago de Compostela, capital de Galicia, acumulase sequera unha parte testemuñal de intelixencia e dignidade, interviría con toda a súa potencia institucional para que Roberto Vidal Bolaño teña no 2013, e desde agora mesmo, a homenaxe e o recoñecemento que a súa figura e a súa obra esixen. Por moitas razóns. Porque probablemente non hai na historia da literatura galega... 

[Compostela] Un ataque máis do goberno municipal contra o tecido asociativo

Na vindeira sesión do Pleno Municipal este goberno municipal pretende aprobar a “Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalación e Ocupacións da Vía Pública” pola que se impedirá a realización de calquera tipo de actividade que a cidadanía deste concello, así como asociacións e colectivos, pretendan levar a cabo, mediante a imposición taxas e avais abusivos. Aínda que esta normativa... 
Etiquetas: , ,

[Compostela] Cae o esperpento

Finalmente sucedeu o inevitábel. Non había outra saída, a cabeza de Conde Roa tiña que rodar. De nada valeron as roldas de prensa, os pataleos, a petulancia. E é que cando reclaman a túa dimisión mesmo dende as propias ringleiras do PP (partido que, por outra banda, é pouco dado á expiación de culpas e ao recoñecemento de responsabilidades) é que xa non ficaba moito por facer. Mais tampouco... 

[Vigo] Conflitos partidistas prexudican o pobo

Aproveitamos estas necesarias chuvias de abril para facer público o seguinte comunicado. Desde a FPG afirmamos que o pobo de Vigo é vítima dos intereses partidistas de PSOE e PP e das leas que deles derivan. Un exemplo palpable témolo no saneamento das nosas rúas. As inundacións que cada vez que chove temos que sufrir os veciños de lugares como Balaídos ou Santiago de Vigo, por pór dous exemplos,... 

[Vigo] O que a FPG entende por unha estación intermodal en Vigo

O pasado 12 de marzo a Frente Popular Galega da Comarca de Vigo presentamos ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado as nosas alegacións arredor da futura estación de tren da nosa cidade. Nelas contemplamos o futuro da estación do tren en Vigo como un paso máis no proxecto global de favorecer as comunicacións entre os veciños de Vigo, Baixo Miño, norte de Portugal e o Morrazo, xunto con... 
Etiquetas: , , ,