Inicio » Solidariedade
Autodeterminación é Democracia
Coincidindo co Día Nacional de Catalunya, a Diada, reproducimos a continuación o manifesto do que somos asinantes, lanzado desde Galiza en apoio e solidariedade co proceso democrático de autodeterminación que está a se desenvolver en Catalunya. Así mesmo, chamamos á participación na concentración de hoxe á tarde na praza da Quintana para mostrar todo o noso respaldo ao pobo catalán e ao...
STOP REPRESIÓN!
Na xornada de hoxe, 7 de abril de 2014, as forzas represivas do Estado español volveron imporse, á marxe de calquera garantía democrática, sobre a mocidade consciente e traballadora do noso país. Unha vez máis, constatamos con estes feitos o contexto de ofensiva armada por parte do Estado español e de criminalización ideolóxica de toda proposta anticapitalista que estamos a padecer. A liberdade...
Acto homenaxe a Hugo Chávez en Vigo
Dentro da campaña mundial “Por aquí pasou e no pobo ficou”, as organizacións e colectivos asinantes deste manifesto queremos facer público o noso recoñecemento e respeito a quen foi Presidente da República Bolivariana de Venezuela, e Comandante da “Revolución Bolivariana”, o compañeiro Hugo Rafael Chávez Frías cando se cumpre o Primeiro Cabodano do seu finamento.
Con Chávez...
Perante a sentenza da Audiencia Nacional contra catro cidadáns galegos
Dende a Frente Popular Galega queremos amosar o noso total rexeitamento á sentenza condenatoria da Audiencia Nacional que impón durísimas penas de 10 e 18 anos de prisión a catro cidadáns galegos.
Denunciamos, polo tanto, o ataque represivo que estas condenas supoñen contra as ideas e a militancia independentista, así como o carácter de excepcionalidade da Audiencia Nacional, un tribunal político...
Sobre a ameaza de agresión imperialista en Siria
Unha vez máis os Estados Unidos e os seus aliados europeos da OTAN, encabezados polos gobernos británico e francés, eríxense en xuíces mundiais quebrantando toda a legalidade internacional.
Unha vez máis os medios de comunicación emprenden unha dura campaña con acusacións que recordan ás mentiras ou medias verdades de invasións e bombardeos de outros países e pobos sometidos a conflitos...
Coas vítimas da traxedia e os seus seres queridos. Coa verdade e a xustiza
Desde a Frente Popular Galega manifestamos, como fixemos desde o primeiro intre, todo o noso respecto, apoio e agarimo ás familias e achegad@s das vítimas da catástrofe de Angrois. Galiza enteira está de dó e loito. O pobo galego respondeu exemplarmente neste Día da Patria que sen dúbida tod@s lembraremos sempre como o máis triste da nosa historia. Este mesmo pobo que chegado o momento saberá,...
Acto político con Herrira en Vigo
Este xoves celebraremos un acto político internacional coa Plataforma vasca Herrira en Vigo.
Herrira é unha entidade que loita polos dereitos civís das persoas presas e, en especial, polo retorno en liberdade aos seus fogares en Euskal Herria das persoas exiliadas .
Como organización internacionalista e solidadaria que somos, desde a FPG queremos dar a coñecer o importante traballo político...
Contra a criminalización de ideas e proxectos emancipadores
Desde a Frente Popular Galega queremos denunciar o intento de criminalización desde os distintos aparellos do Estado imperialista español dos proxectos sociais e políticos emancipadores dos pobos e nacións sometidos política, e militarmente, por dito Estado. Así mesmo, denunciamos a manipulación das institucións xudiciais, empregando reiterativamente a súa Audiencia Nacional como tribunal...
A FPG coa revolta popular de Turquía
Despois de que os movementos populares da chamada Primavera Árabe foran usurpados, en Exipto e Túnez, por un islamismo político que pretende pór en práctica a máxima de Lampedusa -cambialo todo para que todo siga igual-, o que sabemos do acontecido en Turquía nestes días, as imaxes con lume nas rúas e bandeiras vermellas, amosan a vontade da clase traballadora turca organizada de non se someter...
Co pobo soberano
Desde a Frente Popular Galega saúdamos con ledicia a nova vitoria do pobo de Venezuela, que elixiu a Nicolás Maduro como presidente para dar continuidade e así afondar na Revolución Bolivariana iniciada por Hugo Chávez; vangarda dos movementos que camiñan cara o Socialismo e a emancipación nacional que se están a dar en moitos países de Latinoamérica. Materialización dunha fenda de esperanza...