A democracia participativa e protagónica é unha realidade na Venezuela Bolivariana. Así quedou demostrado máis unha vez. O goberno bolivariano volveu dar exemplo do que significa o exercicio democrático, do seu absoluto apego ao estado de dereito, ás institucións democráticas e á Constitución da República Bolivariana de Venezuela, ao aceptar ir ao referéndum revocatorio tras unha primeira declaración do Consello Nacional Electoral que evidenciaba que a tendencia do reconto de sinaturas podería permitir activar este mecanismo en contra do Presidente Hugo Chávez Frías. Isto a pesares das actividades fraudulentas desenvolvidas pola oposición; actividades demostradas como a falsificación de polo menos 700.000 cédulas de identidade.
A oposición fascista que xoga constantemente á desestabilización, conspiración e sabotaxe caíu na súa propia trampa. Os mecanismos de participación priman ante a sinrazón golpista e asasina. Esquecen que o Referéndum Revocatorio do cal botan man para tratar de seguir atentando contra o goberno bolivariano é un logro do pobo que apoia os cambios que se adiantan, e o presidente Chávez, unha vez máis cumpre coa súa palabra e compromiso co pobo soberano e non podía ser doutro xeito, porque el é o primeiro autor deste proxecto.
As organizacións do estado español abaixo asinantes expresamos o noso apoio solidario e comprometido co proceso bolivariano venezolano neste novo reto democrático. Non dubidamos de que quedará en evidencia unha vez máis a vontade da maioría do pobo venezolano, que xa en 7 oportunidades anteriores dixo que si aos cambios e así o sostivo e desmostrou na defensa constante da súa Revolución Bonita. Este REFERÉNDUM será REAFIRMATORIO do proceso bolivariano e un triunfo máis da democracia participativa e protagónica. Será un rexeitamento contundente aos mecansimos que, até o de agora, viñeron deselvonvendo unha oposición que non quere respetar o xogo democrático, que utiliza a violencia, o fraude, a conspiración, a sobotaxe como vías de chegar ao poder en detrimento das maiorías. Esas maiorías que por primeira vez na historia recente de Venezuela se sinten protagonistas responsables do presente e do futuro do país. As mesmas maiorías que saberán defender as conquistas sociais até o de agora acadadas en materia de saúde, ensino, vivenda, alimentación, etc., no marco dun proxecto de país que supere as contradicións e violacións sociais do modelo petroleiro que enriqueceu a unha minoría e sumiu na desesperación e na pobreza ao 80% da sociedade venezolana.
Viva o pobo bolivariano!
Non volverán!